Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.564

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores P-360/1996 e P-388/1996 (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación dos expedientes sancionadores por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Que así mesmo designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a Mercedes Valdés Rodríguez.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento admi

nistrativo común, poderán ser recusados en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da mentada lei.

Para os efectos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou achega-las probas que conveñan ó seu dereito, advertíndoo que, de non efectuar alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE 9-8-1993).

Pontevedra, 9 de abril de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

P-360/96Antonio Sáenz-Díez Cabello

Areal, 78-Vigo

Pescar en época de veda desde unha embarcación o día 16 de agosto de 1996, no río MIñor ó seu paso por Xunqueira, no concello de Gondomar.Art. 34.8º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.Art. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.50.001 ptas. Inh. para obte-la Lic. de pesca 1 ano
P-388/96Manuel Serantes Barreiro

Leiro-Ribadumia

Pescar cunha arte prohibidas (rede tipo trasmallo de 30 metros de longo aproximadamente) sendo sorprendido cando a retiraba do río o día 13 de setembro de 1996, no río Umia, concello de Ribadumia.Art. 35.2º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.Art. 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.500.001 ptas. Inh. para obte-la Lic. de pesca 1 ano

3291