Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.563

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 9 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución dos expedientes sancionadores P-302/1996 e tres máis (pesca-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, os denunciados, no prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderán examina-lo expediente no Servicio de Medio Ambiente Natural, sito na r/ Benito Corbal, 47-5ª planta, e presentar perante o instructor as alegacións que consideren convenientes.

Pontevedra, 9 de abril de 1997.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

P-302/96Fco. Ramón Iglesias Dguez.

Romariz, 30

Soutomaior

Construír caneiros de 20 m con fins de pesca, duns 40 cm de alto e 30 de largo, formados por coiros, o día 22 de xuño de 1996, no río Verdugo, concello de Soutomaior.Art. 35.11º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.Art. 35 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.500.001 ptas.

e Inh. para

obte-la

Lic. de pesca

1 ano e 1 día

P-345/96Manuel Serantes Barreiro

Leiro-Ribadumia

Pescar con artes prohibidas (rede tipo trasmallo de 30 m de longo por 2 de largo), estando inhabilitado. Négase a amosa-la súa documentación ós axentes ós que ameazou sostendo unha navalla na súa man, o día 3 de agosto de 1996, no río Umia, concello Ribadumia.Art. 34.1º, da Lei 7/1992, de pesca fluvial.Art. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.50.001 ptas.

e Inh. para

obte-la

Lic. de pesca

1 ano

P-362/96Isidro Fernández Quintas

Cela-Coto-Mos

Pescar nun tramo de río acoutado sen licencia e permiso de couto, o día 10 de agosto de 1996, no río Zamáns ó seu paso por Soáns, concello de Vigo.Art. 34.1º e 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.Art. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.55.000 ptas.

e Inh. para

obte-la

Lic. de pesca

1 ano

P-363/96Marcial Casal Garrote

r/ Cacheno, 46-Bembrive

Vigo

Pescar nun tramo de río acoutado sen licencia e permiso de couto, o día 10 de agosto de 1996, no río Zamáns, o seu paso por Soáns, concello Vigo.Art. 34.1º E e 34.10º da Lei 7/1992, de pesca fluvial.Art. 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial.55.000 ptas.

e Inh. para

obte-la

Lic. de pesca

1 ano

3294