Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores C-240/1996 e C-256/1996 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a incoación de expediente sancionador, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, de caza.

Que así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretaria a María Teresa Calvo García.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra

tivo común, poderán ser recusados en calquera momento do expediente por algunha das causas previas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os denunciados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos ou as probas que conveñan ó seu dereito, advertíndollo que, de non efectuaren alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9-8-1993).

Pontevedra, 8 de abril de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

C-240/1996Julián Lazara Rodríguez

Tras da Igrexa

Silleda

Cazar sen DNI, o día 5 de decembro de 1996, lugar: marxe esquerda da estrada local Silleda a Refoxos.Artigo 48.3º 43

da Lei 1/1970, de caza

Art. 48 da

Lei 1/1970,

de caza

1.000

ptas.

C-256/1996José Antonio Señoráns Abal

Abelleira, s/n, Oubiña

Cambados

Cazar con escopeta e furón dentro do couto privado de caza PO-10.143, o día 12 de decembro de 1996, termo municipal Cambados.Artigo 7 do R.D. 1095/1989, polo que se establecen normas para a súa protección, en relación co artigo 39 da Lei 4/1989, da conservación dos espacios naturais e da flora e fauna silvestre.Art. 7 do R.D.

1095/1989, en rela-

ción co artigo 39

da Lei 4/1989

40.000

ptas.

3292