Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.562

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1997, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores C-77/1996 e C-79/1996 (caza-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes, por infracción da Lei 1/1970, do 4 de abril, sobre caza.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordi

nario perante o conselleiro de Agricultura, Gandería e Montes. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización, farase efectivo, dentro do prazo de quince días contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta nº 120.596, do Banco Pastor (0072) oficina principal (0401). De non facelo dentro do prazo sinalado procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do decomisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo de pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 8 de abril de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

-Expediente-Denunciado

-Último enderezo coñecido

-Feito denunciado-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

C-77/1996Jesús Mougán Pintos

Deiro, 48, Tremoedo

Vilagarcía de Arousa

Cazar con 5 cans dentro do couto privado PO-10.124, carecendo da debida autorización, o día 8 de setembro de 1996, termo municipal de Vilanova de Arousa.Artigo 48.1º 8

da Lei 1/1970,

de caza

Art. 48 da Lei

1/1970, de caza

4.000

ptas.

C-79/1996Jesús Mougán Pintos

Deiro, 48, Tremoedo

Vilagarcía de Arousa

Cazar con 6 cans dentro do couto privado PO-10.124, carecendo da debida autorización, o día 9 de setembro de 1996, termo municipal de Vilanova de Arousa.Artigo 48.1º 8

da Lei 1/1970,

de caza

Art. 48 da Lei

1/1970, de caza

4.000

ptas.

3299