Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Xoves, 15 de maio de 1997 Páx. 4.561

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 1997, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se abre información pública para a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN661A 97/2-1).

Para os efectos previstos no Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, sométese a información pública a solicitude formulada pola empresa Parque Eólico de Barbanza, S.A. co enderezo na Avda. Burgos, 8 B, planta 18 Madrid para a autorización administrativa do parque eólico Barbanza II, e en base ós seguintes datos:

Concellos afectados: Porto do Son e A Pobra do Caramiñal.

Superficie afectada 8,16 km e coordenadas:V(0 502 600 W, 4 723.300 N); V(0 503 850 W, 4 723.300 N); V(0 504 950 W, 4 724.600 N); V(0 505 600 W, 4 721.800 N); V(0 502 000 W, 4 720.580 N); V(0 501 600 W, 4 721.200 N);

Potencia que se vai instalar: 9,24 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencia, axustándose ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995 da Xunta de Galicia.

A Coruña, 4 de abril de 1997.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

3298