Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 1997 Páx. 4.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 1997, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, pola que se resolve a clasificación dos montes Pinota, Méndez, Parque e Ramo, da parroquia de Forcadela, concello de Tomiño.

Para os efectos previstos no artigo 28 do Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise constar que o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais de Pontevedra, dictou a seguinte resolución:

Na cidade de Pontevedra, sendo as dezasete horas do día dezanove de marzo de mil novecentos noventa e sete, nos locais da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, logo de citación para o efecto, reúnese o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común coa asistencia das seguintes persoas:

Presidente: José Luis Díez Yáñez.

Vicepresidente: José Juan Barreiro Prado.

Vocais:

Teodoro Arribas Serrano.

Luis Mª Muíños Vidueira.

Serafín Quinteiro Blanco.

Vocais representantes da parroquia de Forcadela, Tomiño:

Juan Álvarez Suárez.

José Benito Pousa Vicente.

Secretaria: Ramona C. Fernández Álvarez.

1. Veciños da parroquia de Forcadela, do concello de Tomiño, solicitaron que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común clasifícase unhas parcelas de escasa superficie; a clasificación destas parcelas xa a solicitaran anteriormente, no ano 1988, mais, debido a problemas de deslindamento coas parroquias estremeiras non chegara a realizarse. Na actualidade non existe dúbida sobre o emprazamento das parcelas e a súa pertenza á parroquia de Forcadela.

2. No expediente para a clasificación cumpríronse as prescricións establecidos na Lei de montes veciñais en man común do Parlamento de Galicia, 13/1989, do 10 de outubro, e no seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, resultando que as parcelas tal e como se describen non aparecen inscritas no Rexistro da Propiedade, que compareceu no trámite de alegacións o Concello de Tomiño, expresando a súa oposición, na que se

limita a facer unha serie de consideracións sobre o seu aproveitamento sen aportar documentación ou proba ningunha que permita valora-las parcelas solicitadas como de propiedade municipal, aínda que recoñece que na súa pequena superficie na actualidade se lle outorga un uso público mais non como monte veciñal.

3. As parcelas obxecto do expediente obedecen á seguinte descrición:

-Primeira parcela: monte Pinota.

Cabida: 0,1 ha.

Norte: propiedades particulares.

Sur: camiños.

Leste: camiños.

Oeste: propiedades particulares.

-Segunda parcela: monte Méndez.

Cabida: 0,0967 ha.

Norte: camiño.

Sur: propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

-Terceira parcela: monte do Parque.

Cabida: 0,1229 ha.

Norte: propiedades particulares.

Sur: propiedades particulares.

Leste: camiño.

Oeste: propiedades particulares.

-Cuarta parcela: Ramo.

Cabida: 1,1 ha.

Norte: camiño.

Sur: propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

4. Desprazado o relator á parroquia de Forcadela e verificado o exame das catro parcelas das que se pretende a clasificación, dúas delas non ofrecen dúbida en canto á súa estimación como veciñais en man común, que son o monte Pinota, na que existe un parque infantil feito polos veciños e unhas boas instalacións das que o desfrute veciñal non pode ser cuestionado; a outra é o monte Ramo, que é a que presenta unha maior superficie e que tampouco ofrece dificultades para a súa clasificación como veciñal en man común, cunha superficie de 1,1 ha, a maior das catro, e que vén sendo aproveitada polos veciños para o estrume e outros productos do monte, presentándose á vista limpa e sen maleza, ademais de repoboada de Pinus pinaster de 10 a 20 anos.

5. Polo que respecta ós dous montes restantes, denominados monte Méndez e monte do Parque, cunha superficie de 967 m e 1.299 m respectivamente, encóntranse sen ningún aproveitamento e cheos de maleza e mato, con algo de arboredo de rexeneración natural. Segundo os veciños, a situación na que se atopa é consecuencia da oposición que mostra o concello, o cal lles impide o seu aproveitamento e limpeza, sendo o motivo de que non poidan ser posuídos polos veciños. Este criterio coincide, así mesmo, cos informes que constan no expediente, emitidos no

seu día polo Servicio Forestal da Delegación Provincial da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

Por todo o anterior, os membros do Xurado Provincial acordan por maioría, co voto en contra do vocal Teodoro Arribas Serrano, por entender a súa superficie non goza de natureza de monte, a clasificación como montes veciñais en man común dos seguintes: monte Pinota e monte Ramo, coa descrición gráfica sinalada na planimetría que a escala 1/10.000 se incorpora ó expediente formando parte inseparable del e que se corresponde coa seguinte descrición:

-Primeira parcela: monte Pinota.

Cabida: 0,1 ha.

Norte: propiedades particulares.

Sur: camiños.

Leste: camiños.

Oeste: propiedades particulares.

-Segunda parcela: monte Ramo.

Cabida: 1,1 ha.

Norte: camiño.

Sur: propiedades particulares.

Leste: propiedades particulares.

Oeste: propiedades particulares.

Por outra parte, os membros do Xurado Provincial, de maneira unánime, acordan rexeitar a clasificación como montes veciñais en man común dos nomeados monte do Parque e monte Méndez, ó advertir que a súa pequena superficie así como as dificultades reais existentes para o seu aproveitamento provocan que neles non se producise aproveitamento e uso veciñal, determinando, así mesmo, que non poidan merecer o carácter de veciñais en man común.

Contra a presente resolución poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a súa notificación ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto no artigo 58 da Lei reguladora da antedita xurisdicción en relación co artigo 12 da Lei 13/1989, do Parlamento de Galicia, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e o artigo 28 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, modificados ambos preceptos pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pontevedra, 8 de abril de 1997.

José Luis Díez Yáñez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra

3536