Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 1997 Páx. 4.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1997, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, pola que se anuncia o concurso público 11/1997, polo procedemento aberto, tramitado con carácter urxente, para a contratación do servicio de limpeza e desinfección do Centro de Especialidades.

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Cristal-Piñor de Ourense, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG do 6 de xuño) da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, convoca o seguinte concurso público:

Contratación do servicio de limpeza e desinfección do Centro de Especialidades (edificio situado na rúa do Concello, número 13 de Ourense).

Orzamento máximo de licitación: 7.000.000 de ptas. (IVE incluído) en cómputo anual.

Forma de adxudicación: procedemento aberto mediante concurso público número 11/1997, tramitado con carácter urxente.

Prazo de execución: desde a data da firma do contrato ata o 31 de decembro de 1997.

Admisión de variantes: non se admiten.

Solvencia económica e financeira: para acreditar según o disposto no artigo 16, apartado c) da LCAP.

Solvencia técnica: para acreditar según o disposto no artigo 19, apartado b) da LCAP.

Clasificación económica: non se require.

Fianza provisional: 2% do orzamento de licitación.

Fianza definitiva: 4% do orzamento de licitación.

Criterios de adxudicación: prezo: 4 puntos; avaliación técnica, organizativa e materiais: 3 puntos; experiencia no sector: 3 puntos.

Documentación de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas e demais documentación complementaria poder ser solicitados na Unidade de Contratación do Complexo Hospitalario, rúa Ramón Puga, 52 (edificio de Administración, planta baixa) de Ourense, en días laborables, das 9 ás 13 horas.

Presentación de proposicións: presentaranse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral deste complexo hospitalario, antes das 13 horas do décimo terceiro día natural contados desde o seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o día hábil seguinte.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío

na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax (988) 38 55 50 ou telegrama no mesmo día, de conformidade coa lexislación vixente.

Apertura de proposicións: terá lugar en acto público na sala de xuntas anexa á Dirección de Xestión do complexo hospitalario, ás 9 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares e técnicas.

Anuncios: o pagamento dos anuncios do presente concurso público será por conta do adxudicatario do contrato.

Ourense, 22 de abril de 1997.

Pedro A. Soler Bordoy

Director xerente do Complexo Hospitalario

Cristal-Piñor de Ourense

3537