Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 1997 Páx. 4.441

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 1997, da Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a prestación do servicio de recollida e transporte de neveiras de analíticas e carpetas de radiografías. (C.P. 2/1997).

A Dirección Xerencia de Atención Primaria de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido no artigo 7 da Orde do 22 de maio de 1996 (DOG número 111, do 6 de xuño), e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-la contratación que a seguir se cita.

Obxecto: prestación do servicio de recollida e transporte de neveiras de analíticas e carpetas de radiografías.

Orzamento: máximo autorizado de once millóns de pesetas (11.000.000 de ptas.), IVE engadido.

Forma de adxudicación: concurso público, procedemento aberto polo trámite de urxencia.

Plazo de execución do contrato: ata o 31-12-1997.

Admisión de variantes: non se admiten variantes.

Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estarán de manifesto e á disposición dos concursantes para o seu exame nos servicios de subministracións da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, praza do Ferrol, 11, 4ª planta, 27001 Lugo. Teléfono (982) 29 62 29 y

29 62 19; fax (982) 24 24 16; tódolos días laborables, agás sábados, de 9 a 14 horas.

Fianzas: deberá consignarse unha fianza provisional equivalente ó dous por cento do orzamento que se licita en calquera das formas que establece o artigo 36.1º da Lei de contratos das administracións públicas.

Solvencia económica e financeira: acreditarase polos medios previstos no artigo 16 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Solvencia técnica: deberá acreditarse polos medios previstos no artigo 19 da Lei 13/1995, de contratos das administracións públicas.

Criterios de adxudicación:

Prezo: ata 60 puntos.

Controis de calidade, medidas de seguridade e aseguramento: ata 20 puntos.

Personal e medios dedicados a garanti-la prestación do servicio: ata 20 puntos.

Clasificación: grupo III; subgrupo: 9; categoría: A.

Presentación de proposicións: as proposicións deberán ser presentadas en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro da Xerencia de Atención Primaria de Lugo, antes das 14 horas do décimo terceiro día natural, contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou enviadas por correo dentro do prazo sinalado.

Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá de xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos, conforme o artigo 38.4º, apartado C da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e artigo 205 do Regulamento de correos aprobado por Decreto 1563/1964, do 14 de maio, modificado no seu apartado 3 do Decreto 2655/1985, do 27 de decembro, e anunciarlle á Xerencia de Atención Primaria a remisión da oferta mediante fax (982) 24 24 26, ou telegrama no mesmo día, de conformidade co artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado.

Apertura das proposicións: terá lugar no salón de actos desta Xerencia de Atención Primaria de Lugo a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural contado desde o seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas, no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

Documentación que achegarán os licitadores: os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

Anuncios: o pagamento do anuncio do presente concurso público será por contra do adxudicatario do contrato.

Lugo, 28 de abril de 1997.

Lorenzo Armenteros del Olmo

Director xerente de Atención Primaria de Lugo

97-3122