Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Luns, 12 de maio de 1997 Páx. 4.438

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 1997 pola que se anuncia concurso polo procedemento aberto dun contrato de servicios para realiza-la edición do libro A Pedra en Galicia.

Entidade adxudicataria: Consellería de Industria e Comercio.

Organismo: Dirección Xeral de Industria.

Número de expediente: 15/1997.

Obxecto do contrato: edición do libro A Pedra en Galicia en soporte tradicional e magnético (CD-ROM).

Lugar de execución: Santiago de Compostela.

Prazo de execución: o prazo de execución será desde o día seguinte ó do asinamento do contrato ata o 30 de novembro de 1997.

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: doce millóns de pesetas (12.000.000 de pesetas).

Garantías:

-Provisional: 2% do orzamento do contrato (240.000 pesetas).

Obtención de documentación e información:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

Teléfono: 54 55 19.

Fax: 57 34 69.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista:

Clasificación: subgrupo 8, grupo III, categoría A.

Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación:

Data límite de presentación: no prazo de trece días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, por tratarse dun expediente tramitado polo procedemento de urxencia ó amparo do artigo 72 da LCAP.

Documentación que hai que presentar: os indicados na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses segundo o artigo 90 da Lei 13/1995, da LCAP.

Admisión de variantes: non se admiten.

Apertura das ofertas:

Entidade: Consellería de Industria e Comercio.

Domicilio: San Caetano, 5-4ª planta.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15771.

Data: décimo primeiro día ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se éste fose inhábil ou sábado, posporase o primeiro día hábil seguinte.

Hora: once horas trinta minutos.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio correrá por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1997.

P.D. (Orde 18-5-1994, DOG 100)

Manuel Barreiro Barbeito

Secretario xeral da Consellería de Industria

e Comercio

3195