Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.407

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ORDES

EDICTO (261/1992).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de xuízo declarativo de menor contía, notifícaselle ó demandado Arturo Fraga Ferreira a sentencia co encabezamento e parte dispositiva como segue:

«Sentencia. Na cidade de Ordes o trinta de xaneiro de mil novecentos noventa e sete. Cristina María Paz Eiroa, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un dos desta cidade viu os presentes autos de xuízo declarativo de menor contía, promovidos por José Ferreira Pombo representado polo procurador Regueiro Muñoz e dirixido polo letrado Santiago Nogueira, contra Arturo Fraga Ferreira e outro, declarados en rebeldía.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos. Resolución:

Considerada a demanda formulada por José Ferreira Pombo contra Antonio, Arturo e Jesús Fraga Ferreira, declara que os predios descritos no feito sétimo da demanda pertencen á comunidade hereditaria de Vicente Ferreira Castro, e condeno os demandados a que as restitúan ó licitador e ó pagamento das custas do procedemento.

Contra esta sentencia poderá interpoñerse neste xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días contados desde a súa notificación.

Así, por esta miña sentencia, pronúncio, mándoo e asínoo».

E expido o presente edicto para que lle sirva de notificación en legal forma á parte demandada declarada en rebeldía e en ignorado paradoiro.

Dado en Ordes o vinteún de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

2597