Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.407

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación de sentencia (248/1996).

Eu, Gonzalo Jorge Cabaleiro de Saa, secretario da Administración de xustiza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous dos de Santiago de Compostela, certifico que no libro de sentencias dictadas por este xulgado en proce

dementos civís consta a recaída nos autos de xuízo de incidente de modificación de medidas de divorcio número 248/1996, cun encabezamento e parte dispositiva que son do teor literal seguinte:

«Sentencia. Na cidade de Santiago de Compostela o dezasete de febreiro de mil novecentos noventa e sete. Francisco Javier Míguez Poza, maxistrado-xuíz de primeira instancia e instrucción número dous dos de Santiago de Compostela e do seu partido xudicial, viu os presentes autos de proceso de familia, sobre incidente de modificación de medidas de divorcio seguidos neste xulgado baixo o número 248/1996, por instancia de Manuel Jesús Orosa Canabal, representado pola procuradora Sánchez Silva e defendido polo letrado Rúa Martínez, contar Otilia Virtudes García Pernas.

Decido que debo estimar e estimo a demanda de modificación de medidas interposta pola procuradora Sánchez Silva en nome e representación de Manuel Jesús Orosa Canabal, contra Otilia Virtudes García Pernas, declarada en rebeldía procesual, acordando a modificación do convenio regulador, no sentido de deixar sen efecto a pensión de alimentos que actualmente pasa o demandante, o pai, para o fillo do matrimonio ó quedar sen contido o fin polo que se estableceu na sentencia do 23 de marzo de 1995.

Non se fai condena con canto ás custas procesuais.

Advírtanse as partes que esta sentencia non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación no termo de cinco días por escrito perante este xulgado.

Notifíqueselle a presente cédula a demandada declarada en rebeldía procesual, nalgunha das formas legalmente previstas.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

A sentencia inserta previamente foi publicada no mesmo día da súa data polo maxistrado-xuíz que a subscribe; e para que conste e lle sirva de notificación en forma á demandada en situación procesual de rebeldía, Otilia Virtudes García Pernas, con domicilio descoñecido, expido e asino a presente cédula en Santiago de Compostela o catorce de marzo de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

2699