Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.408

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CINCO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (118/1996-1).

En virtude do acordado polo xuíz de primeira instancia e instrucción número cinco de Santiago de Compostela, en providencia con data do 10 de decembro de 1996, dictada en expediente de dominio que se segue neste xulgado co número 118/1996-1, por instancia de Leonor Filomena Fer

nández Ferreiro, María Esperanza Fernández García e Carlos Fernández Garia, para facer constar no Rexistro da Propiedade a reanudación do tracto sucesivo en forma tal que a súa descrición será a seguinte:

Casa sinalada co número tres, sete moderno da Rúa de San Pedro nesta cidade, composta de planta baixa e dous pisos altos. Ten de longo, entre as súas fachadas, corenta e tres e vintecinco céntimos de pés, por doce pés de largo, que fan cincocentos dezanove pés superficiais, igual a corenta metros e vintenove centímetros cadrados. Estrema, polo sur, para onde ten a súa fachada principal, coa citada Rúa de San Pedro; norte, a súa parte traseira, para onde ten a súa outra fachada, coa rúa do Medio; leste, a súa esquerda, medianeira da casa número catro, pertencente a Lucas Cebral; oeste, a súa dereita, coa do número dous de Ignacia Martínez.

Polo presente edicto, son citados os sucesores de Clementina Barcia Beiras, Sara Barcia Beiras, Antonio Fernández García, Esperanza Costoya Neira e a Luis Souto Salgado e a cantas persoas ignoradas poida afectar este expediente e prexudica-la inscrición que se solicita, co fin de que no termo de dez días á partir da publicación deste edicto, poidan comparecer no referido expediente para alegaren canto ó seu dereito conveña, para a pretensión formulada.

Conforme o disposto no artigo 201, regra terceira, da Lei hipotecaria e en cumprimento do ordenado na dita resolución, faise pública para os oportunos efectos.

Santiago de Compostela, tres de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

3300