Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.408

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 1997 pola que se convoca a contratación, mediante concurso aberto, dunha asistencia técnica para o deseño, desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas co sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, correspondentes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

1. Obxecto.

Deseño, desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas co sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, correspondentes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2. Orzamento de licitación.

14.766.091 ptas., IVE incluído.

3. Prazo de execución.

Nove meses, contados desde o asinamento do contrato.

4. Documentos de interese para os licitadores.

A documentacion poderá examinarse na Subdirección Xeral de Contratación, da Consellería da Presidencia e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, sita no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta en Santiago de Compostela.

As copias da documentación poderán solicitarse en Tórculo Artes Gráficas, S.L. r/ Rosalía de Castro, 51, baixo, Santiago de Compostela (15703), teléfono (981) 59 78 55, mediante o aboamento do impoorte que corresponda.

5. Fianza provisional.

295.321 ptas.

6. Fianza definitiva.

590.642 ptas.

7. Clasificación da empresa.

Grupo III, subgrupo 3, categoría A.

8. Modelo de proposición.

O que figura como anexo ó prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Prazo de presentación de proposicións.

As proposicións terán que presentarse en sobre pechado no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas do día que resulte ó contar 26 días naturais a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

No exterior dos sobres expresarase o seguinte texto: «Proposición para tomar parte no concurso convocado pola Consellería da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia, para a contratación dunha asistencia técnica para o deseño, desenvolvemento e implantación de aplicacións complementarias integradas co sistema de xestión de procedementos administrativos (SXPA) da Xunta de Galicia, correspondentes á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, que presenta D./Dna

en nome

(propio ou da entidade que representa)».

10. Apertura de proposicións.

En acto público, na sala B de reunións da Consellería da Presidencia e Administración Pública

(semisoto do edificio central de San Caetano), ás 11 horas do terceiro día hábil seguinte ó do peche de presentación de proposicións, que non coincida nin en sábado nin en festivo.

O importe do anuncio relativo ó presente concurso será por conta do adxudicatario, que deberá de aboalo con antelación ó asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1997.

P.D. (Orde 13-12-1993)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia

e Administración Pública

3301