Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.407

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE NOIA

EDICTO (22/1997).

En virtude do acordado por Fidel del Río Pardo, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Noia e o seu partido, en resolución do día da data, dictada en xuízo de faltas número 22/1997, que se segue perante este xulgado sobre lesións en agresión, cítase o denunciado José Antonio Souto Rivas, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que compareza perante este xulgado o vindeiro día 16 de maio ás 10.30 horas, co obxecto de asistir á celebración do correspondentes xuízo verbal de faltas, cos medios de proba de que se tente valer, facéndolle sabe-lo disposto no artigo 8 do Decreto do 21 de novembro de 1952; poderá ser asistido de letrado.

E para que se publique no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto en Noia o oito de abril de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

2662