Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.407

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CORCUBIÓN

CÉDULA de notificación de sentencia (192/1996-20).

Eu, Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión, dou fe de que no xuízo de faltas ó que se fará mención se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di así:

«Sentencia. En Corcubión o vinteún de febreiro de mil novecentos noventa e sete. Vistos por María Zulema Gento Castro, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Corcubión, os autos de xuízo de faltas 192/1996, sobre lesións, no que foron partes, ademais do Ministerio Fiscal, como denunciante, Xulio Álvarez Rodríguez, e como denunciado, Gabriel Ferreiro Lema.

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Gabriel Ferreiro lema, con toda clase de pronunciamentos favorables e declaro de oficio as custas procesuais que se puidesen causar.

Notifíqueselle esta resolución o Ministerio Fiscal e demais partes, coa advertencia de que non é firme e si recorrible en apelación polo prazo de cinco días perante a Audiencia Provincial da Coruña.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia. para que lle sirva de notificación a Xulio Álvarez Rodríguez, expido e asino a presente cédula en Corcubión o vinteseis de marzo de mil novecentos noventa e sete.

Óscar Méndez Fernández

Secretario

2861