Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 09 de maio de 1997 Páx. 4.397

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

DECRETO 110/1997, do 17 de abril, polo que se declara a delimitación do contorno de protección do pazo de Oca, no concello da Estrada, provincia de Pontevedra.

Por Real decreto 602/1982, do 15 de xaneiro (Boletín Oficial del Estado do 24 de marzo) , foi declarado ben de interese cultural, con categoría de monumento, o pazo de Oca, no concello da Estrada, provincia de Pontevedra.

Sendo a devandita declaración anterior á entrada en vigor da Lei l6/l985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español (Boletín Oficial del Estado do 29 de xuño), e da Lei 8/l995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro), cómpre na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno de protección.

A Dirección Xeral do Patrimonio Histórico e Documental por Resolución do 7 de agosto de l995 (DOG do 20 de setembro) incoou expediente para a delimitación do contorno do pazo de Oca, no concello da Estrada, provincia de Pontevedra.

A tramitación do expediente levouse a cabo segundo o disposto na Lei 8/l995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e demais disposicións vixentes.

Tendo en conta o disposto no artigo 12 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, por proposta do conselleiro de Cultura e Comunicación Social e logo de deli

beración do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de abril de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declara-la delimitación do contorno de protección do pazo de Oca, no concello da Estrada, provincia de Pontevedra, segundo o disposto no artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Segundo.-A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación, anexo I, e no plano do anexo II.

Terceiro.-O presente decreto será notificado ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ó concello e ós interesados.

Cuarto.-Publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor ó dia seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de abril de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO I

A delimitación do contorno de protección descríbese graficamente mediante trazo descontinuo no plano que se xunta, está formada pola liña envolvente:1-2-3-4-5-6-7-8-9-10-11-1, e a súa descrición é a seguinte:

Comeza no cruzamento da estrada que vén de Pedrado e vai a Rendo e Basteiros coa que leva á praza do pazo (punto 1): segue por esta última estrada 200 metros dirección sur, ata o cruzamento coa estrada que leva á praza (punto 2); segue 300 metros pola estrada de Oca de Riba ata o cruzamento co camiño que baixa á praza (punto 3); desde alí en liña recta e dirección sur 400 metros ata o cume do outeiro Cotiño (punto 4); desde alí en liña recta uns 200 metros en prolongación da dirección anterior

ata o cume do outeiro de Chancelas, atravesando o río dos Badoucos e a fraga da Pechada pola presa nova (punto 5); segue en liña recta, en dirección sudoeste 500 metros ata o cume do outeiro situado ó sur das propiedades do pazo a 100 metros da estrada de Barcia a Rocaforte preto da parada do autobús e un vertedoiro existente sobre o río (punto 6); segue en liña recta en dirección oeste 250 metros ata o cruzamento da devandita estrada coa que leva a Basteiros e ó mesmo pazo (punto 7); segue pola estrada do pazo ata a ponte Riobó (punto 8), desde aquí, en dirección norte, enlaza en liña recta co cruzamento coa estrada de Basteiros e Ribadulla (punto 9); desde alí en liña recta ata o outeiro de Rendo (punto 10), desde alí polo camiño de Rendo ata o cruzamento co camiño de Pedrada (punto 11); segue por este último camiño ata o punto de partida, pechando así a delimitación do contorno.

3400