Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.362

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (291/1993).

Eu, Francisco Castiñeiras Fernández, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número 3 dos de Santiago de Compostela, dou fe de que nos autos de xuízo executivo número 00291/1993 seguidos neste xulgado se dictou a sentencia que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

Sentencia. En Santiago de Compostela o vintenove de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Vistos por Leonor Castro Calvo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Santiago de Compostela e no seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo executivo número 00291/1993, promovidos polo Banco Central Hispanoamericano, S.A., representado polo procurador Victorino Regueiro Muñoz e defendido polo letrado Francisco Jiménez de Llano Zato, contra Carlos Teruel Aragonés e María de los Dolores Toro Cabaleiro, declarados en rebeldía, sobre reclamación de 773.137 pesetas de principal, máis 450.000 pesetas calculadas para xuros, custas e gastos.

Decido: que debo mandar e mando seguir adiante a execución, ata facer remate cos bens embargados, e que no sucesivo poidan embargárselles ós debedores Carlos Teruel Aragonés e María de los Dolores Toro Cabaleiro, e co seu producto enteiro e cumprido pagamento ó acredor, da cantidade de 773.137 pesetas, importe do principal reclamado, máis 450.000 pesetas calculadas para xuros, gastos e custas causadas e que se causen, as cales expresamente impoño á parte demandada.

Expídase e únase certificación desta resolución ás actuacións con inclusión da orixinal no libro de sentencias.

Contra esta resolución cabe interpor perante este xulgado recurso de apelación no prazo de cinco días, contados desde a notificación ás partes.

Así, por esta miña sentencia, que pola rebeldía dos demandados se notificará na forma e modo que a lei prevé para os rebeldes, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo. Rubricado. Leonor Castro Calvo. Maxistrada-xuíza.

Para que conste e lles sirva de notificación ós demandados Carlos Teruel Aragonés e María de los Dolores Toro Cabaleiro, mediante a súa publicación nel, expido o presente edicto, que asino e selo en Santiago de Compostela o dezaoito de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O secretario

Rubricado

3080