Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.362

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (236/1996).

En virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de divorcio (5*) 00236/1996, notifícaselle ó demandado José Francisco Vilas Costa, a sentencia dictada neles, cun encabezamento e parte dispositiva que son como segue:

«Vistos por Ramón Eloy Rodríguez Frieiro, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un desta cidade e o seu partido, os autos de xuízo de divorcio (5*) 00236/1996, promovidos pro Manuela Torres Paz como demandante, representada pola procuradora Treus Blanco contra José Francisco Vilas Costas e o Ministerio Fiscal como demandado.

Decido: que considerando a demanda de divorcio presentada por Manuela Torres Paz, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio formado por Manuela Torres Paz e José Francisco Vilas Costa, acordando as seguintes medidas:

1. Que se lle atribúa á nai a garda e custodia dos fillos do matrimonio. O marido poderá comunicar con eles e telos na súa compañía as fins de semana alternas, desde as 16 horas do sábado ata as 19 horas do domingo, a metade das vacacións de Nadal, Semana Santa e verán, alternando os cónxuxes na elección dos períodos que lles sexan máis convenientes.

2. O esposo deberá satisfacer mensualmente á esposa a cantidade de 30.000 ptas. en concepto de contribución ó levantamento das cargas do matrimonio e alimentos dos seus fillos, dentro dos 5 días de cada mes e revalorizable segundo o IPC.

Todo iso sen facer unha especial condena nas custas procesuais causadas. Firme que sexa esta resolución, expídase o oportuno despacho ó Rexistro Civil onde conste inscrito o matrimonio para anotación marxinal dela na súa inscrición rexistral. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación ó demandado, declarado en rebeldía, expido o presente edicto para a súa inserción no DOG, que asino en Ribeira o vinteún de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O xuíz

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

2309