Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.361

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de poxa (566/1992-01).

Eu, José Espiñosa Lozano, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Santiago de Compostela, e o seu partido, fago saber:

Que neste xulgado se seguen autos de xuízo executivo nº 566/1992, por instancia do Banco Central Hispanoamericano, representado polo procurador Regueiro Muñoz, contra Ana María Fernández March, en reclamación da suma de 1.962.602 ptas., de principal, máis 1.100.000 ptas. que se calculan de xuros e custas, nos que por resolución do día da data se acordou sacar á venda en poxa pública, por primeira vez e por termo de vinte días, e polo tipo de valoración que se dirá, os seguintes bens:

Vivenda A, situada no terceiro piso do edificio, con tres portais, con fronte para as rúas das Camelias e Pintor Laxeiro da cidade de Vigo. Ten o seu acceso polo primeiro portal, segundo se vai desde a praza da Independencia. Ten unha superficie de 90 metros cadrados.

A vivenda áchase inscrita no Rexistro da Propiedade nº 5 de Vigo, tomo 669, folio 145, predio número 61.972.

Os devanditos bens foron valorados na suma de once millóns novecentas setenta e catro mil pesetas.

A poxa terá lugar na sala de audiencias deste xulgado, situada no polígono das Fontiñas, rúa Viena s/n desta cidade, o día vinteseis de xuño ás 12 horas, baixo as condicións seguintes:

Primeira.-Nos remates non se admitirán ofertas que non cubran as dúas terceiras partes da valoración.

Segunda.-Para tomar parte na poxa, os licitadores deberán consignar previamente, no establecemento destinado para o efecto, unha cantidade igual, polo menos, ó 20% efectivo do valor dos bens que sirva de tipo para a poxa, requisito sen o que non serán admitidos.

Terceira.-Só o executante poderá face-la oferta en calidade de cederlle o remate a un terceiro.

Cuarta.-En tódalas poxas desde o anuncio ata que teñan lugar, poderanse facer ofertas por escrito en prego pechado, depositando na mesa do xulgado xunto con aquel, o importe da consignación.

Quinta.-Por instancia do acredor sácanse os bens a poxa pública sen suplir previamente a falta de títulos.

Sexta.-As cargas e gravames anteriores, e os preferentes se os houber, ó crédito do autor, continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante os acep

ta e queda subrogado na responsabilidade deles, sen que se destine para a súa extinción o prezo do remate.

En prevención de que non houbese licitadores na primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda, coa rebaixa do 25% do tipo da primeira, o día vintetrés de xullo ás 12 horas, debendo consignar previamente o 20% do tipo desta segunda poxa. Sinálase para que teña lugar a terceira o dezanove de setembro ás 12 horas, sen suxeición a tipo, debendo consignarse previamente o 20% do tipo da segunda poxa.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 1997.

O maxistrado xuíz

Rubricado

O secretario

Rubricado

2510