Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.361

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE CARBALLO

EDICTO (8/1997).

Eu, Héctor Sánchez Fernández, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Carballo e o seu partido, fago saber que neste xulgado do meu cargo se segue declaración menor contía sucesións número 8/1997, por instancia de Mercedes Trigo Duarte, dictándose nel providencia desta data, admitíndose a trámite a demanda e acordándose empraza-la demandada Carmen Trigo Castro, en ignorado paradoiro, para que no improrrogable prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte a aquel no que o sexa compareza en forma nos referidos autos, se o crer oportuno, apercibíndoa de que, de non facelo, será declarada en rebeldía, e dándose por precluído o trámite de contestación á demanda seguirá o xuízo o seu curso, notificándose na sede deste xulgado a providencia en que iso así se acorde e as demais que se dicten.

E para que lle sirva de emprazamento á referida demandada Carmen Trigo Castro e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expídese o presente edicto en Carballo o vinteún de febreiro de mil novecentos noventa e sete.

O xuíz

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

2915