Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.360

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (64/1997).

En Arzúa o sete de marzo de mil novecentos noventa e sete. Eu, José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, dou fe e testemuño de que neste xulgado se segue xuízo de separación rexistrado co número 64/1997 e xuízo de medidas provisionais rexistrado co número 65/1997, por instancia de María Palmira García Fuentes, representada polo procurador Rieiro Noya, contra Luis Evaristo Rial Barreiro en paradoiro descoñecido, nos que se acordou a seguinte resolución:

1. Cítese o demandado Rial Barreiro para que o vindeiro día vintenove de maio, ás dez, compareza perante este xulgado para levar a cabo a práctica

das medidas provisionais, advertindo de que, se non comparece, será declarado en rebeldía sen facerlle máis notificacións que as que sinale a lei.

2. Emprácese o demandado Rial Barreiro para que no termo de vinte días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, compareza en legal forma perante este xulgado por medio de avogado e procurador e conteste a demanda se conviñer ó seu dereito, baixo apercibimento de declaralo en rebeldía e non facerlle máis notificacións que as que sinala a lei.

E para que lle sirva de citación e emprazamento en legal forma a Luis Evaristo Rial Barreiro, expido este edicto en Arzúa o sete de marzo de mil novecentos noventa e sete.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

O/A secretario/a

Rubricado

2542