Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.360

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN DE ARZÚA

EDICTO (248/1996-A).

Eu, José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción de Arzúa (A Coruña), dou fe e testemuño de que nos presentes

autos de xuízo de faltas se dictou sentencia, cun encabezado e decisión que son do teor literal seguintes:

«En Arzúa o vintecatro de xaneiro de mil novecentos noventa e sete.

Eva María Doval Lorente, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción desta vila e do seu partido xudicial, viu os presentes autos de xuízo de faltas número 248/1996-A, no que son parte o Ministerio Fiscal, en representación da acción pública e como denunciante Jesús Manuel Miguélez García, maior de idade, veciño de Toques, con domicilio en Vilamor; como denunciado José Manuel Pandelo López, maior de idade, veciño de Melide, con domicilio en Feal-San Salvador.

Decido que debo absolver e absolvo a José Manuel Pandelo López da falta que se lle imputaba, declarando de oficio as custas procesuais.

Notifíquese a presente resolución ó Ministerio Fiscal e ás partes intervenientes nel.

A presente sentencia non é firme e contra ela cabe recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña, dentro dos cinco días seguintes á súa notificación, a cal deberá ser formulada por escrito e debidamente fundamentada.

Así, por esta miña sentencia, xulgando en primeira instancia, e da que se xuntará certificación literal ós autos, pronúncioa, mándoa e asínoa».

Para que así conste e sirva de notificación en legal forma ó denunciado José Manuel Pandelo López, o cal se atopa en paradoiro descoñecido, expido, selo e asino o presente edicto en Arzúa o catorce de marzo de mil novecentos noventa e sete.

Rubricado

2267