Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.363

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (115/1997).

En providencia da data, dictada polo maxistrado-xuíz deste xulgado, no xuízo verbal de faltas número 115/1997 que se segue por coaccións, insultos, inxurias, cítase a Eva León Escudero para que o vindeiro día vintetrés de maio, as 13.15 horas, compareza perante a sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Viena, s/n, polígono das Fontiñas desta cidade, co obxecto de asistir á celebración do dito xuízo, en calidade de denunciante, baixo apercibimento de que se non o verifica nin alega xusta causa para deixar de facelo, poderá se multado consonte a lei e recaer sobre el os prexuízos a que houber lugar en dereito, podendo, se é parte, sen asistido por avogado e debendo acudir ó xuízo coas probas de que tenten valerse. E para que así conste e lle sirva de citación en forma a Eva León Escudero en paradoiro descoñecido.

Expido a presente cédula en Santiago de Compostela o once de abril de mil novecentos noventa e sete.

A secretaria

Rubricado

3371