Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.349

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 26 de decembro de 1996 pola que se anuncian as axudas económicas destinadas a subvenciona-la realización de obras de construcción, reforma e rehabilitación, así como o equipamento das casas dos concellos.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 6 do 10 de xaneiro de 1997, cómpre face-la oportuna corrección:

Na páxina 288, no artigo 5, parágrafo terceiro, letra a), onde di: «A Xunta de Galicia poderá financiar só ata o 50% do orzamento da obra ou equipamento que se vai realizar, correspondendo o 50% restante á deputación provincial correspondente, ...», debe dicir: «A Xunta de Galicia poderá financiar só ata o 60% do orzamento da obra ou equipamento que se vai realizar, correspondendo o 40% restante á deputación provincial correspondente, ...».

2515