Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.347

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE CULTURA E COMUNICACIÓN SOCIAL

DECRETO 105/1997, do 17 de abril, polo que se declara a delimitación do contorno de protección da igrexa monástica de Santiago de Barbadelo, no concello de Sarria, provincia de Lugo.

Por Real decreto 2637/1980, do 7 de novembro (Boletín Oficial del Estado do 10 de decembro) foi declarada ben de interese cultural con categoría de monumento histórico artístico, a igrexa monástica de Santiago de Barbadelo, no concello de Sarria, provincia de Lugo.

Sendo a devandita declaración anterior á entrada en vigor da Lei 16/1985, do 25 de xuño do patrimonio histórico español (Boletín Oficial del Estado de 29 de xuño) e da 8/1995 de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, (Diario Oficial de Galicia do 8 de novembro), cómpre na actualidade concreta-la delimitación do seu contorno de protección.

A Dirección Xeral de Patrimonio Histórico e Documental, por Resolución do 18 de setembro de 1995 (Diario Oficial de Galicia do 8 de outubro) incoou expediente para a declaración da delimitación do contorno da igrexa monástica de Santiago de Barbadelo, no concello de Sarria, provincia de Lugo.

A tramitación do expediente levouse a cabo segundo o establecido na Lei 8/1995 30 de outubro, do

patrimonio cultural de Galicia, e demais disposicións vixentes.

Tendo en conta o disposto no artigo 12 de Lei 8/1995, do 30 de outubro, por proposta do conselleiro de Cultura e Comunicación Social e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de abril de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Primeiro.-Declara-la delimitación do contorno de protección da igrexa monástica de Santiago de Barbadelo, no concello de Sarria, provincia de Lugo, segundo o disposto no artigo 11 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia.

Segundo.-A zona afectada pola declaración é a comprendida na delimitación do anexo I, e no plano do anexo II.

Terceiro.-O presente decreto será notificado ó Rexistro Xeral de Bens de Interese Cultural do Estado, ó Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia, ó Concello e ós interesados.

Cuarto.-O presente decreto publicarase no Diario Oficial de Galicia e no Boletín Oficial del Estado.

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor ó día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezasete de abril de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Jesús Pérez Varela

Conselleiro de Cultura e Comunicación Social

ANEXO I

«O punto l da liña da delimitación do contorno da igrexa monástica de Santiago de Barbadelo queda definido no eixe da estrada entre Vilei e Rente no seu cruzamento co vial de acceso ó lugar de Loureiro.

Este punto únese co 2, seguindo o eixe do vial antes mencionado en Loureiro.

Continúa a delimitación en dirección oeste polos lindes sur das parcelas catastrais 557-a, 557, 556, 555, 549, 548 e 547 ata chegar ó punto 3, situado no cruzamento entre o vial de acceso ó lugar de San Silvestre e a estrada de Vilei a Rente.

Seguindo o eixe desta estrada, en dirección oeste, ata o lugar de Rente, atópase o punto 4.

A liña continúa, en dirección sur, coincidindo co eixe dun camiño sen pavimentar , ata o punto 5, situado no lugar de Devesa. As edificacións que existen aquí inclúense dentro da delimitación.

Seguindo o camiño que une Devesa con Mosteiro atópase o punto 6.

A partir deste, tomando dirección sudeste, percorre o linde entre as parcelas catastrais 349-c e 349-d, o linde sur da parcela 349-c e o oeste da 349-g, continuando polo sur das 717, 928, 165, 164, 166, 167, 667, 668, 669 e 665, ata chegar ó punto 7, situado no eixe do camiño que une Mosteiro con Surriba.

Continúa en dirección leste por camiño ata o punto 8, onde cambia (seguindo o vial) de dirección cara o norte ata o punto 9.

A partir deste punto, a liña segue polo linde leste das parcelas catastrais 752,750,751,753 e ó norte da 759, ata chegar de novo á estrada de acceso a Surriba, continuando polo eixe da estrada ata pecharse no punto l.»

97-3136