Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 08 de maio de 1997 Páx. 4.344

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 103/1997, do 17 de abril, polo que se acepta a cesión a título gratuíto dun terreo sito no lugar de Valdarrosa, termo municipal de Ponte-Caldelas (Pontevedra), feita a favor da Comunidade Autónoma de Galicia para a construcción dun centro de ensino secundario.

O Pleno da Corporación Municipal de Ponte-Caldelas (Pontevedra), en sesión celebrada o 30 de

xaneiro de 1997 acordou a cesión á Comunidade Autónoma de Galicia dun terreo para a construcción dun centro de ensino secundario.

Conforme os artigos 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega, e 34 do seu regulamento aprobado polo decreto 50/1989, do 9 de marzo, a adquisición pura e simple de bens a título gratuíto ou lucrativo requirirá decreto do Consello da Xunta de Galicia, por proposta da Consellería de Economía e Facenda. Así mesmo, os artigos 23.1º da mesma lei e 38.1º do regulamento establecen que non se poderán adquirir bens ou dereitos a título lucrativo cando o valor dos gravames, cargas ou afeccións impostos sobre eles supere o seu valor intrínseco; se ben non se considera carga, gravame ou afección os investimentos que teña que realiza-la Comunidade Autónoma para da-lo destino de uso xeral ou servicio público da súa competencia que fixe o cedente ou doador.

Na súa virtude, de conformidade coa proposta do conselleiro de Economía e Facenda, feita nos termos nos que o Concello de Ponte-Caldelas (Pontevedra) acordou a cesión e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezasete de abril de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acepta-la cesión gratuíta do terreo, pertencente ó Concello de Ponte-Caldelas (Pontevedra), sito no lugar de Valdarrosa, termo municipal de Ponte-Caldelas, duns 14.698 m de extensión superficial que linda: norte, camiño público e monte veciñal de Cuñas; sur, monte veciñal de Cuñas; leste, monte veciñal de Cuñas; e oeste, camiño público e monte veciñal de Cuñas.

O inmoble descrito atópase inscrito no Rexistro da Propiedade de Ponte-Caldelas, no tomo 161 do arquivo, libro 61 do Concello de Ponte-Caldelas, folio 139, predio nº 7.959, inscrición 1ª.

Artigo 2º

O inmoble cedido destinarase á construcción pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria dun centro de ensino secundario.

Artigo 3º

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, procederá á formalización da cesión no correspondente documento público e á inscrición do ben no Rexistro da Propiedade a nome da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade do presente decreto.

Santiago de Compostela, dezasete de abril de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda

3478