Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 07 de maio de 1997 Páx. 4.308

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se dictan instruccións para a organización das actividades de final de curso 1996-1997 para os centros de educación infantil e educación primaria/EXB.

Co fin de organiza-las actividades de final de curso con criterios uniformes nos centros de educación infantil, educación primaria/EXB, esta dirección xeral resolveu dicta-las seguintes instruccións:

Primeiro.-Os comedores escolares funcionarán ata o día 30 de maio inclusive.

Segundo.-A partir do día 2 de xuño ata o 23, inclusive, as actividades escolares para tódolos alumnos escolarizados no centro desenvolveranse en xornada única de 4 horas, sen prexuízo do cumprimento por parte do profesorado do horario que lle corresponda.

Terceiro.-O período comprendido entre o 24 e o 30 de xuño será dedicado polo profesorado, entre outras actividades, a elabora-las actas de avaliación,

os informes individualizados (as fichas de recuperación estival, se é o caso), os informes ás familias e a cubri-los libros de escolaridade, permanecendo todo o profesorado, tanto o de educación infantil como o de educación primaria/EXB no centro ata o día 30 de xuño, inclusive.

Cuarto.-Os directores dos centros adoptarán as medidas oportunas, para facilita-lo exercicio, por parte dos pais ou titores dos alumnos, do dereito a presentar reclamación contra as cualificacións finais, segundo establece o punto 4.7º da Orde do 15 de xullo de 1991, así como para a actuación da comisión prevista nela.

Quinto.-De acordo co establecido no punto 2.1º da orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de xullo de 1991, ó longo do mes de xuño, o equipo directivo, logo do informe do claustro de profesores, elaborará unha memoria que recolla o grao de consecución dos obxectivos fixados na programación xeral anual, as dificultades atopadas e as medidas correctoras introducidas, se é o caso. A devandita memoria, con informe do con

sello escolar do centro, enviarase ó Servicio de Inspección na primeira semana de xullo e terase en conta á hora de elabora-la programación do curso seguinte, sobre todo para programar novamente obxectivos non acadados parcialmente no curso anterior e artellar novos medios para logralo.

Sexto.-Os alumnos que rematen a educación primaria e tivesen feita a reserva de praza prevista no punto segundo da Orde do 5 de abril de 1995 (DOG do 10 de maio), quedarán automaticamente matriculados no centro de educación secundaria ó que estea adscrito o centro de educación primaria, de conformidade co punto terceiro da dita orde. Para tales efectos, os directores dos centros de educación primaria remitirán ó centro de educación secundaria ó que estean adscritos, relación nominal dos alumnos que pasan a primeiro curso de educación secundaria obrigatoria acompañada dos documentos correspondentes.

Sétimo.-Co fin de axiliza-lo proceso de matriculación nos centros de educación secundaria dos alumnos que rematen os seus estudios de EXB, os directores dos centros entregaranlles ós alumnos que o soliciten unha certificación acreditativa de que foron propostos, para que se lles expida o título de graduado escolar, con mención expresa da cualificación global obtida, ou ben o certificado de escolaridade, no que se sinale explicitamente o nivel superado. A devandita certificación será suficiente para efectua-la inscrición nos centros de educación secundaria, condicionada, en todo caso, á presentación nos centros dos niveis citados do libro de escolaridade, debidamente dilixenciado, antes dos días 19 de xullo e 13 de setembro respectivamente, de acordo coa finalización dos estudios de EXB. Para estes efectos os servicios provinciais da Inspección Educativa adoptarán as medidas oportunas, para que os libros estean visados e devoltos ós centros antes dos días 15 de xullo e 10 de setembro,

respectivamente.

No curso 1997-1998 as clases comezarán o 15 de setembro.

Oitavo.-Os centros deberán observa-las normas fixadas no Decreto 89/1993, do 19 de abril (DOG do 27/4/93), polo que se regula a autorización de libros de texto e outros materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral, e mais no Decreto 247/1995, do 14 de setembro (DOG do 15/9/95), polo que se desenvolve a Lei 3/1983, de normalización lingüística, para a súa aplicación ó ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes niveis non universitarios, que no artigo 8.2 establece que os materiais que se empreguen nas áreas ou materias que se deben impartir na lingua propia de Galicia terán que estar normalmente en galego. Para tal efecto expoñerán no taboleiro na primeira quincena de xuño, a relación de libros e material didáctico impreso que se utilizará no curso 1997/1998. Unha copia da citada relación enviarase os respectivos servicios provin

ciais da Inspección Educativa antes do día 21 de xuño. Así mesmo, observarase a prohibición da venda e/ou distribución de libros e material didáctico nos centros tanto por persoal do colexio, como por persoas alleas a el.

Santiago de Compostela, 20 de marzo de 1997.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección Educativa

2451