Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 07 de maio de 1997 Páx. 4.305

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997, da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, pola que se dictan instruccións para o final do curso 1996-1997 nos centros de bacharelato, formación profesional, de educación secundaria, de educación secundaria e profesional, artes aplicadas e oficios artísticos, escolas oficiais de idiomas, conservatorios de música e conservatorios de danza.

Co obxecto de regula-las actividades de final de curso con criterios uniformes nos institutos de bacharelato, de formación profesional, de educación secundaria, de educación secundaria e profesional, escolas de artes aplicadas e oficios artísticos, escolas

oficiais de idiomas conservatorios de música, conservatorios de danza e centros privados destes niveis educativos, no período final do curso, esta dirección xeral resolveu dicta-las seguintes instruccións:

Primeiro.

1. Os claustros dos centros sinalados elaborarán un calendario das actividades docentes para o mes de xuño, de acordo coas instruccións recollidas nesta resolución.

2. As direccións dos centros citados enviarán ós servicios provinciais da Inspección, antes do 15 de maio, un resumo do calendario aprobado polo claustro conforme os modelos recollidos nos anexos a esta resolución. As inspeccións devolverán ós centros unha copia do citado resumo, aceptada ou rectificada, antes do día 25 de maio, para que os directores lla dean a coñecer ó profesorado para o seu cumprimento.

Segundo.

1. O profesorado de centros de ensino secundario seguirá cumprindo o seu horario lectivo ata o día 13 de xuño. Ademais das actividades docentes lectivas, o calendario aprobado polo claustro deberá incluír, ata esa data, as actividades docentes referidas a probas de avaliación, sesións de avaliación conxunta, atención a alumnos pendentes de probas de suficiencia, recuperacións, etc.

2. A partir do 16 de xuño e ata o 30 inclusive, as direccións dos centros poderán modifica-los horarios dos profesores para adecualos ás actividades establecidas no calendario aprobado polo claustro e aceptado pola Inspección (probas de suficiencia, avaliacións finais, entrega de cualificacións, atención a reclamacións, etc.). En todo caso, as direccións dos centros deben garanti-la atención ás reclamacións contra as cualificacións finais, realizadas dentro dos prazos previstos no punto 10.2 da Orde do 24 de xullo de 1991 (DOG do 28 de agosto).

Terceiro.

1. As datas de avaliación de COU e do segundo curso de bacharelato LOXSE adecuaranse ás das probas da selectividade.

2. Unha vez realizadas as avaliacións, poderán continua-las clases de COU e do segundo curso de bacharelato LOXSE nas disciplinas que fose necesario ata a celebración das probas de selectividade e, con este fin, quedan autorizadas as direccións dos centros para introduciren modificacións nos horarios dos profesores e grupos de alumnos afectados.

Cuarto.

Os alumnos con disciplinas pendentes de cursos anteriores serán convocados a unha proba extraordinaria de suficiencia durante o mes de maio.

Quinto.

As probas de suficiencia do bacharelato unificado e polivalente celebraranse a partir do 17 de xuño. Entre as sesións de avaliación conxunta e as probas de suficiencia deberá transcorrer como mínimo unha semana. A cualificación destas probas realizarase conforme a Resolución do 4 de xullo de 1975 (BOE do 12).

Sexto.

Os exames para alumnos libres terán lugar do 15 ó 30 de xuño e do 1 ó 15 de setembro (Orde do 20 de xuño de 1975, BOE do 28) para o bacharelato unificado e polivalente; do 15 de xuño ó 15 de xullo e do 1 ó 30 de setembro (Orde do 28 de xaneiro de 1985, DOG do 15 de febreiro) para a formación profesional de segundo grao.

Sétimo.

1. Durante o mes de xuño, as direccións dos centros de ensinanzas de réxime especial poderán adapta-los horarios dos profesores ás necesidades específicas de cada centro. Tal adaptación non poderá supor variación do número global de horas semanais de permanencia no centro previsto nos horarios lectivos de cada profesor.

2. As escolas de artes aplicadas e oficios artísticos non rematarán as actividades docentes antes do día 30 de maio. As probas de suficiencia terán lugar entre os días 2 e 6 de xuño. Os exames libres e, eventualmente, as probas de reválida correspondentes ó plan de estudios de 1963, realizaranse a partir do día 10 de xuño.

3. Nas escolas oficiais de idiomas manterán as actividades docentes ate o día 30 de maio; realizarán as probas finais ós alumnos oficiais entre os días 2 e 6 de xuño. As probas para alumnos libres dos ciclos elemental e superior terán lugar a partir do día 3 de xuño.

Oitavo.

De acordo co establecido no punto 1 da orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 24 de xullo de 1991 (DOG do 28 de agosto), ó longo do mes de xuño, os equipos directivos dos centros docentes ós que se refire a presente orde, logo do informe dos respectivos claustros de profesores, elaborarán unha memoria que recolla o grao de consecución do obxectivos fixados na programación xeral anual, as dificultades atopadas e as medidas correctoras introducidas, se é o caso. A devandita

memoria, con informe do consello escolar do centro, enviarase ó Servicio de Inspección na primeira semana de xullo e terase en conta á hora de elabora-la programación do curso seguinte sobre todo para programar novamente obxectivos non acadados parcialmente no curso anterior e artellar novos medios para logralos.

Noveno.

Os centros deberán observa-las normas fixadas no Decreto 89/1993, do 19 de abril (DOG do 2) polo que se regula a autorización de libros de texto e outros materiais curriculares para as ensinanzas de réxime xeral, e mais no artigo 8.2 do Decreto 247/1995, do 14 de setembro (DOG do 15/9/95), polo que se desenvolve a Lei 3/1983, de normalización lingüística, para a súa aplicación ó ensino en lingua galega nas ensinanzas de réxime xeral impartidas nos diferentes niveis non universitarios, que establece que os materiais que se empreguen nas áreas ou materias que se deben impartir na lingua propia de Galicia, terán que estar normalmente en galego. Para tal efecto expoñerán no taboleiro na primeira quincena de xuño, a relación de libros e material didáctico impreso que se utilizará no curso 1997/1998. Unha copia da dita relación será enviada ó servicio provincial da inspección educativa antes do día 24 de xuño. Así mesmo, observarase a prohibición da venda e/ou distribución de libros e

material didáctico nos centros tanto por persoal seu, como por persoas alleas a el.

Os conservatorios de música e os conservatorios de danza manterán as actividades lectivas ata o día 30 de maio. A avaliación conxunta dos alumnos do plan de estudios LOXSE realizarase entre os días 2 e 6 de xuño. Os exames correspondentes a plans de estudios anteriores á LOXSE terán lugar entre os días 10 e 16 de xuño. Os exames libres celebraranse entre o 17 e o 24 de xuño. A proba de acceso ó grao medio LOXSE realizarase entre o 24 e o 30 de xuño.

Décimo.

Os secretarios dos centros deberán remitir á delegación provincial correspondente fotocopias autentificadas das actas de avaliación final de tódolos cursos dos seus centros e dos centros privados adscritos, antes do día 15 de xullo de 1997.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 1997.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Centros e Inspección de Educación

ANEXO I

RESUMO DO CALENDARIO DE ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO. CURSO 1996-1997

O director do IB/IFP/IESP/IES pon no seu coñecemento

que o calendario de actividades docentes programadas para o final do curso, aprobado polo claustro, recolle o seguinte:

Para a ESO:

O último día de clases será o

As datas de avaliación final serán do ó

Para o bacharelato:

O último día de clases será o

As datas de avaliación final serán do ó

Para o BUP:

O último día de clases será o

As datas de avaliación conxunta serán do ó

As datas de probas de suficiencia serán do ó

As datas das probas para alumnos libres serán do ó Nº alumnos libres

As datas de avaliación final serán do ó

Para COU:

O último día de clases será o

As datas de avaliación final serán do ó

Para FP:

O último día de clases será o

As datas de avaliación conxunta serán do ó

As datas das probas de recuperación serán do ó

As datas de probas para alumnos libres serán do ó Nº alumnos libres

As datas de avaliación final serán do ó

.............................................., ...... de............................ de 1997.

O/A director/a

Visto e prace

O/A inspector/a

Inspector/a de Educación

ANEXO II

RESUMO DO CALENDARIO DE ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO. CURSO 1996-1997

O director/a da Escola de Artes Aplicadas e Oficios Artísticos

pon no seu coñecemento que o calendario de actividades docentes programadas para o final do curso, aprobado polo claustro de profesores, recolle o seguinte:

O último día de clase será o

As datas de avaliación final serán do ó

As probas de suficiencia realizaranse do ó

As probas para os alumnos libres serán do ó

As probas de reválida correspondentes ó plan de estudios de 1963 (cando se impartan especialidades deste plan) realizaranse entre os días

.............................................., ...... de............................ de 1997.

O director/a

Visto e prace

O/A inspector/a

Inspector/a de Educación

ANEXO III

RESUMO DO CALENDARIO DE ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO. CURSO 1996-1997

O director/a da Escola Oficial de Idiomas pon no seu coñecemento

que o calendario de actividades docentes programadas para o final do curso, aprobado polo claustro de profesores, recolle o seguinte:

O último día de clase será o día

As probas finais para os alumnos oficiais serán o día

As probas para os alumnos libres do ciclo elemental celebraranse do ó

As probas para os alumnos libre do ciclo superior celebraranse do ó

.............................................., ...... de............................ de 1997.

O director/a

Visto e prace

O/A inspector/a

Inspector/a de Educación

ANEXO IV

RESUMO DO CALENDARIO DE ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO. CURSO 1996-1997

O director/a do Conservatorio de Música/Conservatorio de Danza

pon no seu coñecemento que o calendario de actividades docentes programadas para o final do curso, aprobado polo claustro de profesores, recolle o seguinte:

O último día de clase será o

A avaliación conxunta dos alumnos LOXSE realizarase do ó

Os exames de plans de estudios anteriores á LOXSE celebraranse do ó

Os exames libres realizaranse do ó

A proba de acceso ó grao medio LOXSE realizarase do ó

.............................................., ...... de............................ de 1997.

O director/a

Visto e prace

O/A inspector/a

Inspector/a de Educación

3440