Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de convocatoria coas bases xerais e específicas para cubrir prazas vacantes correspondentes á oferta de emprego público do ano 1996.

En uso das facultades que me confire o Art. 41.14.a) do R.D. 2568/1986, do 28 de novembro, procedo a convoca-las probas selectivas para

cubri-las seguintes vacantes existentes no cadro de persoal municipal:

a) Persoal funcionario.

Técnico/a superior de formación e emprego: 1 praza.

Médico/a: 1 praza.

Administrativo/a de administración xeral: 5 prazas.

Cabo policía local: 6 prazas.

Sarxento Servicio Extinción Incendios: 1 praza.

Cabo Servicio Extinción Incendios: 1 praza.

b) Persoal laboral.

Capataz de obras: 1 posto.

Oficial de xardíns: 3 postos.

Oficial mecánico: 1 posto.

Oficial electricista: 2 postos.

Oficial conductor: 3 postos.

Oficial albanel: 2 postos.

Oficial pavimentador: 1 posto.

Axudante de oficios: 1 posto.

As bases xerais e específicas aprobadas polo Pleno da Corporación Municipal, en sesión do 7 de marzo de 1997, son as seguintes:

Bases xerais.

A) Personal funcionario.

I. Obxecto da convocatoria.

A provisión en propiedade de prazas de funcionarios de carreira vacantes no cadro de persoal do Concello de Vigo que se acordan ofertar.

II. Número de prazas, natureza e características.

Fixaranse en cada convocatoria específica, indicándose as que se reservan para promoción interna e para persoas con minusvalidez.

III. Publicidade das convocatorias.

As convocatorias coas súas bases publicaranse no BOP, no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos da Casa do Concello, sen prexuízo da publicación do seu anuncio no Boletín Oficial del Estado e na prensa local.

IV. Condicións dos e das aspirantes.

a) Ser español/a (acreditarase mediante fotocopia do DNI compulsada, por ámbolos dous lados).

Os nacionais dos demais estados membros da Unión Europea poderán acceder en idénticas condicións cós españois a aqueles sectores da función pública ós que, segundo o dereito comunitario, sexa de aplicación a libre circulación de traballadores.

En cada convocatoria específica determinarase expresamente se a praza se reserva a españois ou

non, segundo o sector da función pública ó que perteza.

No caso de estranxeiros comunitarios, o DNI substituirase pola tarxeta acreditativa da súa identidade, expedida polas autoridades competentes do seu país de orixe.

b) Ter cumpridos 18 anos de idade e non exceder de 55 na data en que remate o prazo de presentación de instancias, salvo que por disposición legal ou regulamentaria se estableza outra idade de xubilación distinta dos 65 anos ou unha idade máxima determinada para o ingreso (50 anos para os/as aspirantes por quenda libre).

c) Estar en posesión da titulación que se fixe nas bases específicas das respectivas convocatorias ou estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo de presentación de instancias.

d) Non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo, sen prexuízo de que serán admitidas as persoas con minusvalidez en igualdade de condicións cós demais aspirantes.

As convocatorias non establecerán exclusións por limitacións físicas ou psíquicas salvo que veñan establecidas por lei ou que sexan incompatibles co desenvolvemento das tarefas ou funcións correspondentes.

Nas probas selectivas, incluíndo os cursos de formación ou períodos de prácticas se estivesen previstos, estableceranse para as persoas con minusvalidez que o soliciten as adaptacións posibles de tempo e medios para a súa realización. Os interesados deberán formula-la correspondente petición concreta na solicitude de participación.

Para resolver, os tribunais poderán requirir informe e, se é o caso, colaboración dos órganos técnicos competentes da Administración laboral ou sanitaria da Xunta de Galicia.

Nas convocatorias específicas deberá reservarse un 3% das vacantes como mínimo, tanto en quenda libre como en promoción interna, para seren cubertas entre persoas con discapacidade en grao igual ou superior ó 33%, sempre que superen as probas selectivas e que, no seu momento, acrediten o indicado grao de discapacidade e a súa compatibilidade co desempeño das funcións propias da súa praza.

e) Non ter sido separado mediante expediente disciplinario do servicio do Estado, Comunidade Autónoma ou Administración local, nin atoparse inhabilitado para o exercicio das funcións públicas.

f) Non atoparse incurso en ningunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que determine a lexislación vixente.

g) Carta de pagamento acreditativa de ter ingresado na Tesourería municipal do concello as cantidades seguintes en concepto de dereitos de exame: prazas

do grupo A e B, 4.000 ptas.; prazas dos grupos C, D e E 2.250 ptas.

No caso de que se trate de funcionarios de carreira deste Concello, pertencentes a grupos de inferior categoría á que se aspira, a anterior documentación substituirase por orixinal ou copia compulsada do título esixido para o acceso á praza; e certificado expedido polo secretario xeral, que acredite que se atopan en activo na data da convocatoria, tempo de servicios no grupo e folla de pagamento dos dereitos de exame.

Tódolos requisitos anteriores deberán terse no momento de remata-lo prazo de admisión de solicitudes e conservarse, cando menos, ata a data do nomeamento.

Ademais, en caso de se-lo sistema de selección o de concurso-oposición, os aspirantes deberán presentar, xunto coa solicitude e, en todo caso, antes da finalización do prazo de presentación de instancias, a documentación acreditativa dos méritos que aleguen dos establecidos no correspondente baremo.

Como excepción se o mérito que se alega é ter prestado servicios no Concello de Vigo, bastará con facelo constar en declaración xurada que se achegará coa solicitude, na que figure a data ou datas de inicio e finalización dos servicios ó Concello e o departamento, servicio ou unidade na que se prestaron.

Para a xustificación dos méritos o aspirante que deba achegar documentación proveniente doutros organismos oficiais que non lla facilitasen antes da finalización do prazo de presentación de instancias deberá achegar no devandito prazo a correspondente solicitude ou copia compulsada, xunto cunha declaración pola que se comprometa a presentala nos dous días seguintes a aquel no que lle fose expedida. En todo caso non procederá a súa valoración se non fose achegada antes da data de realización do concurso.

V. Presentación de solicitudes.

As instancias dirixiranse ó alcalde-presidente do Concello de Vigo e presentaranse no rexistro xeral no prazo de 20 días naturais a partir do seguinte a aquel no que apareza o anuncio da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

As instancias tamén poderán presentarse nas demais formas que determina o artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

No rexistro xeral facilitaranse modelos normalizados das devanditas instancias.

Na solicitude deberá facerse constar expresamente a quenda pola que se presenta o aspirante (libre, promoción interna ou reserva para aspirantes con discapacidade) cando se convoquen conxuntamente.

VI. Admisión.

Rematado o prazo de presentación de instancias, a alcaldía dictará resolución no prazo máximo dun

mes, pola que se aproba a lista de aspirantes admitidos/as e excluídos/as cos motivos da exclusión, así como o lugar e data de realización das probas e a designación do tribunal cualificador, que se publicará no BOP e no taboleiro de edictos da corporación, anunciándose a publicación na prensa local e concedéndose un prazo de 10 días, a partir da publicación no BOP, para a corrección por parte de quen fose excluído, dos defectos a que alude o Art. 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, e a abstención e recusación dos membros dos tribunais. A publicación da devandita resolución no BOP será determinante, así mesmo, para efectos de posibles impugnacións e recursos, de conformidade co previsto na invocada lei.

Poderá publicarse exclusivamente a lista de aspirantes excluídos/as, cos motivos da exclusión, sen prexuízo da publicación íntegra da lista de admitidos/as no taboleiro de edictos da corporación.

A mentada lista elevarase a definitiva polo transcurso do prazo para reclamacións, se non as houbese; no caso contrario exporase de novo a lista definitiva, na mesma forma que a provisional.

VII. Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará integrado polos seguintes membros, con voz e voto:

-Presidente/a. O da corporación ou membro daquela en quen delegue.

-Secretario/a. Un funcionario ou funcionaria con habilitación de carácter nacional ou de carreira da corporación, integrado na escala de Administración xeral, designado/a polo alcalde, con categoría igual ou superior á esixida para o acceso á praza.

-Vocais. Un/ha representante designado pola Comunidade Autónoma. O xefe ou xefa do servicio correspondente á especialidade ou técnico/a cualificado/a designado/a polo alcalde. Un ou unha representante do comité de persoal designado/a por aquel.

O tribunal quedará integrado, ademais, polos respectivos suplentes que serán designados xunto cos titulares.

Tódolos membros do tribunal deberán contar con titulación igual ou superior á esixida para o acceso á praza, agás o presidente/a, ou estar integrados no grupo de titulación que corresponda a aquela.

O tribunal poderá autoriza-la incorporación ás sesións dunha asesora ou asesor, con voz e sen voto, cando excepcionalmente se requira para a adecuada cualificación. Así mesmo na proba de coñecemento de idiomas oficiais da Comunidade Autónoma e na proba de coñecemento de idiomas oficiais da Unión Europea, incorporarase ó tribunal como asesor un técnico de normalización lingüística da corporación, no primeiro caso, e un especialista na lingua da que se practique o exame no segundo caso.

Así mesmo, o tribunal non poderá declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó das prazas que se convocan, incorréndose en caso contrario en nulidade de pleno dereito.

Tódalas actuacións do tribunal publicaranse no taboleiro de edictos da corporación e no de anuncios do lugar onde se leven a cabo as probas.

Os membros do tribunal e os asesores que se poidan designar por aquel, que asistan ás sesións percibirán axudas de custo por asistencia na contía legalmente establecida. Para tal efecto as categorías dos tribunais serán as seguintes:

1ª. Selección de funcionarios/as do grupo A.

2ª. Selección de funcionarios/as do grupo B.

3ª. Selección de funcionarios/as do grupo C.

4ª. Selección de funcionarios/as do grupo D.

5ª. Selección de funcionarios/as do grupo E.

VIII. Comezo dos exercicios.

O comezo dos exercicios deberá anunciarse con 15 días de antelación no BOP e taboleiro de edictos da corporación.

Atrasarase a data de inicio das probas para cumpri-los ditos prazos, se fose preciso.

Os exercicios e probas practicaranse en chamamento único.

Nos concursos-oposicións comezarase pola fase de concurso, reuníndose o tribunal coa antelación necesaria para que se cumpra a data dos exercicios e probas.

A cualificación da fase de concurso e dos exercicios da oposición publicarase no taboleiro de edictos e no de anuncios do lugar onde se realicen.

IX. Sistema de selección.

Con carácter xeral establécese o concurso-oposición, salvo que por disposición legal ou regulamentaria se esixa outro sistema.

1. Fase de concurso:

Para a cualificación da fase de concurso rexerá o seguinte baremo de méritos:

a) Coñecementos e experiencia profesional.

-Valorarase con 0,20 puntos por mes, ata un máximo de 2 puntos.

Deberase acreditar que corresponden a funcións propias da praza á que se aspira, e acreditarase con certificación de servicios prestados, se foi nun organismo público, ou con contrato de traballo inscrito no INEM e certificación da Seguridade Social se os servicios se prestaron en empresas privadas.

b) Por participación en cursos impartidos polo Instituto de Estudios da Administración pública, Escola Galega de Administración Pública ou calquera outro organismo competente para impartilos, incluído o

concello, relacionados coas funcións propias da praza á que se aspira:

-Por cada curso de 60 horas de duración, ou no seu defecto 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.

-Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración ou no seu defecto de 5 a 9 xornadas: 0,40 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración ou no seu defecto entre 2 e 4 xornadas: 0,20 puntos.

A puntuación máxima por este apartado non poderá exceder de 2 puntos.

Nas convocatorias específicas poderá figura-la relación de cursos con dereito a seren valorados.

Tamén se valorarán os cursos impartidos por organismos ou empresas privadas, por encargo dun organismo oficial, sempre que o diploma de asistencia sexa expedido por este último.

c) Títulacións ou certificados de estudios que teñan relación coas funcións da praza.

-Por cada título ou certificado de estudios expedido polo Ministerio de Educación e Ciencia, excluído o necesario para o acceso á praza e os que serviron para obte-los superiores que se alegan como mérito: 1 punto.

-Por cada título ou certificado de estudios expedido por outros organismos oficiais cos mesmos requisitos anteriores: 0,50 puntos.

-Os títulos serán como mínimo de nivel académico equivalente ó esixido para o acceso á praza se fosen expedidos polo Ministerio de Educación e Ciencia; e necesitarase como mínimo un curso académico para obtelos, no caso de que sexan expedidos por outros organismos oficiais, debendo acreditarse esta circunstancia de maneira que faga fe.

A puntuación por este apartado non poderá exceder de 2 puntos.

2. Fase de oposición.

Salvo que por disposición legal ou regulamentaria se dispoña outra cousa, a fase de oposición constará de 2 exercicios, un teórico e outro práctico, que se cualificarán de 0 a 10 puntos e quedará eliminado o aspirante que non obteña un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

O exercicio teórico realizarase con carácter xeral por escrito. Así mesmo o tribunal poderá acorda-la lectura dos exercicios polos aspirantes, unha vez finalizada a súa realización, igualmente en sesión pública.

Serán preferentemente tipo test, con preguntas relacionadas cos temas que figuran no programa, sen prexuízo de que nas bases das respectivas convocatorias se poidan fixar outras modalidades por motivos legais, ou de oportunidade debidamente xustificados.

Nos test o número de preguntas, o tempo efectivo para respondelas e o número de respostas alterna

tivas estará en función do grupo de titulación no que se integra a praza e será en cada caso o seguinte:

GrupoNº preguntasTempo efectivoNº respostas alternativas

A100 1 h.4

B 75 45 m.4

C 50 30 m.4

D 30 30 m.3

E 20 30 m.3

En consecuencia debe eliminarse en tódalas bases específicas as referencias concretas ás anteriores especificacións.

Na proba práctica os membros do tribunal poderán propoñe-los casos prácticos que consideren convenientes; no caso de non chegar a dez, o tribunal deberá completalos antes de iniciarse a sesión. Xunto cos casos prácticos figurará a súa resposta ou, no seu defecto, os criterios para a súa valoración.

Ademais, practicarase unha proba de coñecemento de idioma galego, que se valorará ata un máximo de 2 puntos e que fixará o tribunal atendendo á categoría e funcións da praza.

A ou o aspirante que non obtivese 1 punto como mínimo nesta proba deberá participar no primeiro curso de idioma galego que celebre o concello, co fin de obte-la debida capacitación.

Por último, para as prazas que se indiquen na convocatoria específica practicarase unha proba voluntaria de coñecementos daqueles idiomas da Unión Europea ou das comunidades autónomas que se determine na convocatoria específica e que se valorará con 0,50 puntos cada un ata un máximo de 2 puntos.

O tipo de proba determinarao o tribunal antes da realización do exercicio.

Para participar nesta proba deberase solicitar en escrito achegado á instancia no que se indique o idioma ou idiomas dos que solicita examinarse o/a aspirante.

A puntuación de cada aspirante nos diferentes exercicios será a media aritmética das cualificacións de tódolos membros do tribunal asistentes á sesión. Non se valorarán a puntuación máis alta e máis baixa (só unha delas en caso de empate), sempre que entre elas exista unha diferencia de 3 puntos como mínimo.

Segundo os grupos ós que pertenzan as prazas, o número de temas será como mínimo o seguinte:

-Grupo A: 90 temas.

-Grupo B: 60 temas.

-Grupo C: 40 temas.

-Grupo D: 20 temas.

-Grupo E: 10 temas.

No temario deberán figura-los temas ós que fai referencia o R.D. 896/1991, do 7 de xuño.

Ó remate de cada proba se os exames non se corrixisen, introduciranse nun sobre que se pechará e selará; asinarán sobre o precinto tódolos membros do tribunal presente, así como o mesmo número de aspirantes elixidos ó chou. O sobre quedará baixo a custodia da ou do secretaria/o para a súa apertura ó inicio da sesión na que se corrixan.

A orde de puntuación dos membros do tribunal será a seguinte: primeiro, o técnico ou técnica do concello; segundo, a/o representante da Comunidade Autónoma; terceiro, a/o representante do comité de persoal; cuarto a ou o secretario e quinto o/a presidente.

Os membros do tribunal só poderán cualifica-los exames daqueles aspirantes ós que corrixisen o exame, ou presenciado a súa lectura se esta se acordase.

O tribunal poderá solicitar da oficina de persoal ou do/a propio/a aspirante calquera aclaración ou comprobación da documentación presentada para acredita-los seus méritos.

A suma das puntuacións obtidas na fase de concurso, en cada un dos exercicios da oposición e nas demais probas de coñecemento ou cursos que se poidan incluír nas bases específicas con puntuación, servirá para establece-la relación e aprobados por orde de puntuación.

No caso de empate, o desempate resolverase a favor da ou do aspirante con maior puntuación na fase de oposición; de persiti-lo empate, quen obtivese maior puntuación polo apartado de coñecementos ou experiencia profesional; e de persisti-lo empate a persoa de maior idade.

Naqueles exercicios nos que sexa preciso establecer unha orde de actuación dos aspirantes, o tribunal antes do primeiro exercicio da oposición e en sesión pública efectuará o sorteo para establece-la devandita orde.

X. Calendario preciso para a realización das probas.

Para o seu inicio haberá que aterse ó disposto na base VIII.

Entre a celebración de cada unha das probas da oposición (excluídas as voluntarias), deberá transcorrer un mínimo de 48 horas e un máximo de 40 días.

XI. Quenda de promoción interna.

A selección por esta quenda rexerase polas mesmas bases que na quenda libre coas seguintes especialidades:

1. A promoción interna consiste no ascenso do persoal dun grupo inferior a un grupo superior dentro da mesma escala; dunha categoría a outra, dentro do mesmo grupo ou o cambio de escala tamén dentro do mesmo grupo, sempre que se trate de prazas de contido similar e se faga constar nas convocatorias específicas.

2. As probas por esta quenda faranse previamente ás que corresponda por quenda libra, salvo causa xustificada.

3. Réxime de promoción interna:

a) Os e as aspirantes -o persoal municipal que non se atope en situación administrativa de suspensión firme- deberán estar en posesión da titulación esixible legalmente para o acceso á praza ou cumpri-los requisitos que legalmente se autorice que a substitúan e contar cunha antigüidade de cando menos dous anos no corpo ou escala ó que pertezan o día da finalización do prazo de presentación de instancias.

b) As prazas que non se cubran por esta quenda acumularanse ás de quenda libre, e o persoal poderá presentarse a ámbalas dúas.

c) Establécese como sistema de promoción o concurso-oposición, salvo que por imperativo legal se esixa outro.

d) A fase de concurso valorarase cun 40% como máximo da puntuación total, reducíndose no caso de que fose preciso.

e) Na fase de concurso rexerá o seguinte baremo:

1. Antigüidade.

Por cada ano ou fracción no grupo ou escala de orixe: 0,50 puntos, ata un máximo de 3 puntos.

2. Cursos de formación e perfeccionamento.

Pola participación en cada curso relacionado coas funcións que se vaian desenvolver, impartido polo Instituto Nacional da Administración Pública, Escola Galega de Administración Pública ou calquera outro centro oficial autorizado para impartilos, incluídos os organizados ou promocionados polo concello:

-Por cada curso de 60 horas de duración como mínimo, e se esta non figurase, de 10 xornadas como mínimo: 0,60 puntos.

-Por cada curso entre 30 e 59 horas de duración como mínimo, ou de 5 a 9 xornadas como mínimo: 0,40 puntos.

-Por cada curso entre 10 e 29 horas de duración como mínimo ou de 2 a 4 xornadas como mínimo: 0,20 puntos.

Nas convocatorias específicas poderá figura-la relación de cursos con dereito a poder ser valorados.

Tamén se valorarán os cursos impartidos por organismos ou empresas privadas, por encargo dun organismo oficial, sempre que o diploma de asistencia sexa expedido por este último.

A puntuación por este apartado non poderá exceder de 2 puntos.

3. Titulacións académicas.

Por estar en posesión de titulación superior á esixida para o acceso á praza: 1 punto.

4. Coñecemento do idioma galego.

Por supera-lo curso de iniciación: 0,25 puntos.

Por supera-lo curso de perfeccionamento: 0,50 puntos.

Por supera-lo curso de linguaxe administrativa básica: 0,65 puntos.

Por supera-lo curso de linguaxe administrativa media: 0,80 puntos.

Por supera-lo curso de linguaxe administrativa superior: 1 punto.

Puntuarase só o superior alegado e xustificado como mérito.

O/a aspirante que acredite non ter realizado ningún dos anteriores cursos poderá efectuar un exame que se valorará cun máximo de 0,25 puntos.

f) Fase de oposición.

O exercicio teórico será tipo test se tódalas prazas vacantes se reservan para promoción interna. No caso contrario farase tamén tipo test sempre que a través del poidan acreditarse debidamente os coñecementos esixidos para o desempeño das funcións da praza á que se aspira.

O exercicio será sempre anónimo e se é tipo test referirase ó contido dos temas que figuren no temario.

Con carácter xeral, o temario dos exercicios será igual para a quenda libre e promoción interna. Non obstante, sen quebra dos principios de mérito e capacidade, os exercicios dos aspirantes por esta quenda estarán dirixidos preferentemente a comproba-lo coñecemento da praza á que se aspira promocionar, podéndoselles dispensar ós aspirantes dalgúns temas de carácter xeral, atendendo a razóns de especialización e coñecementos profesionais demostrados ou acreditados no desempeño das súas funcións, ou en anteriores exames para ingreso na Administración ou anteriores promocións, o que se deberá facer constar expresamente nas convocatorias específicas.

XII. Achegamento de documentos.

Tendo en conta que as e os aspirantes para tomar parte nas probas só precisan manifestar na súa instancia que reúnen todas e cada unha das condicións esixidas na base IV anterior -salvo a carta de pagamento dos dereitos de exame e os documentos que xustifiquen os méritos que deban ser tidos en conta na fase de concurso- os aspirantes propostos para ocupa-las prazas convocadas achegarán na Secretaría Xeral (Unidade de Persoal), dentro do prazo de 20 días naturais contados desde que se faga pública a relación de aprobados, os documentos que xustifiquen as condicións de capacidade e demais requisitos contidos na base IV.

O certificado médico oficial acreditativo do apartado d) da base IV poderá substituírse por un recoñecemento médico que efectuará o facultativo que designe o concello, que terá a amplitude necesaria para acreditar que o aspirante non padece enfer

midade ou defecto físico que lle impida o desenvolvemento das funcións do cargo.

Se dentro do prazo indicado, e salvo causa de forza maior, as e os aspirantes propostos non presentasen a documentación ou non reunisen os requisitos esixidos, non poderán ser nomeados, sen prexuízo das responsabilidades en que poidan incorrer por falsidade.

Quen tivese a condición de funcionario/a público/a está exento/a de presenta-la documentación acreditativa de condicións e requisitos xa acreditados, substituíndoa por un certificado para o efecto do organismo no que prestou os seus servicios.

XIII. Período de prácticas e cursos selectivos.

Nas convocatorias específicas poderase considerar un período de prácticas ou curso selectivo. Neste caso os/as aspirantes propostos/as serán nomeados/as funcionarios/as en prácticas.

Por resolución motivada do órgano convocante, os/as aspirantes que non superen o período de prácticas ou curso selectivo, de acordo co procedemento de cualificación previsto na convocatoria, perderán tódolos seus dereitos a seren nomeados/as funcionarios/as de carreira.

Poderán incorporarse, en todo caso, ó curso inmediatamente seguinte que se realice coa puntuación asignada ó último dos participantes naquel. De non superalo tampouco, perderán tódolos seus dereitos a seren nomeados funcionarios de carreira.

XIV. Nomeamento.

Finalizado o proceso selectivo e o período de prácticas ou curso selectivo se é o caso, os que os superasen serán nomeados funcionarios de carreira, ata o límite das prazas anunciadas e que estean dotadas orzamentariamente.

Os nomeamentos deberán publicarse no Boletín Oficial del Estado.

Quen non poida ser nomeado funcionario de carreira por falta de vacante orzamentaria quedará en situación de expectativa de nomeamento, será nomeado funcionario de carreira con ocasión de vacante.

XV. Toma de posesión.

Unha vez nomeados polo órgano competente, notificaráselles ás persoas interesadas para que tomen posesión na data que se lles indique. Quen non o faga sen causa xustificada será declarado en situación de cesantes.

Na dilixencia de toma de posesión farase consta-la manifestación da ou do interesado de non vir desempeñando ningún posto ou actividade no sector público e que non realiza actividade privada incompatible ou suxeita a recoñecemento de compatibilidade, así como que non se atopa percibindo pensión de xubilación, retiro ou orfandade, por dereitos pasivos ou

por calquera réxime da Seguridade Social, público e obrigatorio.

Se a persoa interesada viñese percibindo algunha pensión, a súa percepción quedará en suspenso durante o tempo que dure o desenvolvemento do posto. Se viñese desenvolvendo outro incompatible co novo terá que optar por un deles dentro do prazo de toma de posesión. Se se tratase de postos susceptibles de compatibilidade deberá instala nos dez primeiros días do prazo de toma de posesión, entendéndose esta prorrogada en tanto recae resolución.

XVI. Incidencias.

As convocatorias, as súas bases e cantos actos administrativos se deriven desta e da actuación dos tribunais poderán ser impugnadas polas e polos interesados nos casos, termos e forma que prevé a Lei de procedemento administrativo.

O tribunal queda autorizado para resolve-las dúbidas que se presenten e toma-los acordos necesarios para a boa orde da selección.

B) Persoal laboral.

Rexerán as bases do persoal funcionario coas seguintes modificacións:

a) Modifícanse as bases I e VII, que quedan redactadas así:

I. Obxecto da convocatoria.

A provisión de postos de traballo vacantes no cadro de persoal laboral do Concello de Vigo, que se acorde ofertar no ano 1996 a través de convocatoria pública.

VII. Tribunal cualificador.

O tribunal cualificador estará integrado polos seguintes membros:

-Presidente/a. O da corporación ou concelleiro/a en quen delegue.

-Secretario/a. Funcionario/a con habilitación de carácter nacional ou de carreira da corporación, integrado/a na escala de Administración xeral, con titulación igual ou superior á prevista para o desempeño do posto e que será designado/a polo alcalde.

-Vocais. Dous membros designados pola corporación. Catro representantes do comité de persoal e o xefe ou xefa do servicio correspondente á especialidade.

Xunto cos titulares designaranse os respectivos suplentes.

Tódolos membros do tribunal contarán con voz e voto, agás a ou o secretario, que só contará con voz.

O tribunal poderá autoriza-la presencia dun asesor ou asesora, con voz e sen voto. Ademais poderá autorizarse a participación doutro na proba de coñecemento de idiomas oficiais, experto no idioma correspondente ó exercicio.

O tribunal non poderá declarar que superaron as probas un número de aspirantes superior ó de postos convocados.

En canto á actuación do tribunal e axudas de custo por asistencia, aplicaranse as mesmas previsións que para o funcionariado.

b) As bases XIII e XIV substitúense pola seguinte:

Contratación.

Unha vez aprobada a proposta polo órgano competente, notificaráselles ás e ós interesados para que suscriban os seus contratos laborais fixos no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación do acordo.

Quen non o suscriba no citado prazo perderá o dereito a acceder ó posto de traballo.

Previamente deberán ter presentada na oficina de persoal toda a documentación esixida na base IV, agás a do apartado c), no prazo máximo de 20 días naturais contados a partir da publicación da lista de aspirantes aprobados/as no taboleiro de anuncios.

No contrato farase consta-la manifestación da persoa interesada de non estar desempeñando ningún posto ou actividade no sector público, e que non realiza actividade privada remunerada, así como non atoparse percibindo pensión de xubilación, retiro ou orfandade por dereitos pasivos de calquera réxime da Seguridade Social, público e obrigatorio. Así mesmo, tódalas referencias que nas bases para cubrir prazas de funcionarios se efectúen a «persoal funcionario» entenderanse referidas a «persoal laboral» e as que se fagan a «grupo de titulación» a «equiparado ó grupo de titulación».

Base xeral para todo o persoal.

En virtude da equiparación do persoal funcionario e laboral prevista no vixente acordo regulador das condicións económicas e sociais do persoal ó servicio do Concello de Vigo e da existencia de persoal funcionario e laboral con cargo ás mesmas prazas, todo o persoal que ocupe unha praza, calquera que sexa a súa condición, poderá participar cos mesmos dereitos nas probas selectivas derivadas desta oferta, sen prexuízo de conserva-la súa condición actual a título persoal para extinguir.

ANEXO

Salvo que nas bases específicas se indique outra cousa, existirá un grupo de temas comúns para tódalas probas derivadas da oferta, segundo o grupo de titulación -ou a súa equivalencia no caso do persoal laboral-, e que serán 18 temas para o grupo A, 12 temas para o grupo B, 8 temas para o grupo C, 4 temas para o grupo D e 3 temas para o grupo E, tal como se enumeran de seguido:

Grupo A

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Os poderes do Estado. A división de poderes. A Coroa.

Tema 4. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 5. Formas de actuación administrativa: fomento, policía e servicio público.

Tema 6. A Administración do Estado no ordenamento español: estructura e funcións. A administración periférica. A administración institucional e corporativa.

Tema 7. A Unión Europea: nacemento e fases da súa evolución. Exame xeral da acta de adhesión de España á Unión Europea. Tratado da Unión Europea.

Tema 8. O ordenamento xurídico comunitario. As súas fontes. Relación co dereito interno dos estados. As liberdades básicas do sistema comunitario, libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 9. As institucións da Unidade Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 10. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 11. A Administración pública da Comunidade Autónoma. Estructura e funcións. A Administración periférica.

Tema 12. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 13. Organización municipal.

Tema 14. Competencias municipais.

Tema 15. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

Tema 16. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 17. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificados dos acordos.

Tema 18. Ordenanzas e regulamentos. Procedemento de elaboración. Os bandos.

Grupo B

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Principios de actuación da Administración pública: eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 4. A Administración do Estado no ordenamento español: estructura e funcións. A Administración periférica. A administración institucional e corporativa.

Tema 5. Significado da Unión Europea. Breve referencia da acta de adhesión de España á Unión Europea e ó Tratado da Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capital.

Tema 6. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 7. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 8. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 9. Organización e competencias municipais.

Tema 10. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

Tema 11. O procedemento administrativo local. O rexistro de entrada e saída de documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 12. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Actas e certificados dos acordos.

Grupo C

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. A Administración do Estado no ordenamento español: estructura e funcións. A Administración periférica. A administración institucional e corporativa.

Tema 4. Significado da Unión Europea. Breve referencia da acta de adhesión de España á Unión Europea e ó Tratado da Unión Europea. As liberdades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capital.

Tema 5. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 6. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 7. Organización e competencias municipais.

Tema 8. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e Sancións. O procedemento sancionador.

Grupo D

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Organización e competencias municipais.

Tema 4. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e Sancións. O procedemento sancionador.

Grupo E

Tema 1. Breve referencia ó significado da Constitución e ó Estatuto de autonomía de Galicia.

Tema 2. O municipio: concepto, breve referencia á organización e competencias municipais.

Tema 3. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e Sancións. O procedemento sancionador.

Bases específicas:

1. Técnico/a superior de formación e emprego.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo A; escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo A e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza do aspirante.

Figurará incluída no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, cos baremos previstos para a fase de concurso nas bases xerais.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os aspirantes deberán estar en posesión do título de licenciado en facultade ou escola técnica superior.

V. Exercicios da oposición.

Constará de dous exercicios: un teórico e outro práctico, ademais dunha proba de capacidade de coñecemento de idioma galego.

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio:

Dada a natureza dos coñecementos esixidos para o desenvolvemento da praza e a índole dos expedientes que debe tramitar consistirá en contestar por escrito, durante un período máximo de tres horas, 6 temas elixidos ó chou, dos que figuran como anexo a estas bases. Un destes temas corresponderá ó tema

rio común para o grupo A de titulación; e o resto ó apartado B) Temas específicos.

Segundo exercicio. De carácter igualmente obrigatorio:

Consistirá en desenvolver por escrito, durante un período máximo de 3 horas, dous supostos prácticos que proporá o tribunal, inmediatamente antes do comezo do exercicio, sobre aspectos concretos dos temas que integran o programa.

Terceiro exercicio. De carácter igualmente obrigatorio, aínda que o non superalo non impedirá o nomeamento.

Consistirá na proba de coñecemento de idioma galego, que se realizará conforme co previsto na base IX das xerais.

Os dous primeiros exercicios cualificaranse de 0 a 10 puntos e quedarán eliminados/as os/as aspirantes que non obteñan 5 puntos cando menos, en cada un deles. O terceiro exercicio cualificarase cun máximo de 2 puntos.

ANEXO

TEMAS ESPECÍFICOS

Tema 1. A relación individual de traballo: ámbito e fontes. Dereitos e deberes básicos. Elementos e eficacia do contrato de traballo.

Tema 2. Modalidades de contrato de traballo. Dereitos e deberes derivados do contrato de traballo.

Tema 3. Duración do contrato de traballo. Clasificación profesional e promoción no traballo.

Tema 4. Salario e garantías salariais.

Tema 5. Tempo de traballo e descansos.

Tema 6. Modificación e suspensión do contrato de traballo.

Tema 7. Extinción do contrato de traballo: especial consideración do despedimento.

Tema 8. Faltas e sancións dos traballadores. Prescrición e caducidade. As infraccións laborais.

Tema 9. O dereito de representación colectiva.

Tema 10. O dereito de reunión.

Tema 11. A folga e o peche patronal.

Tema 12. Os convenios colectivos: concepto e contido.

Tema 13. Procedemento negociador dos convenios.

Tema 14. O dereito dos españoles á Seguridade Social. Fins da Seguridade Social. Campo de aplicación e estructura do sistemta xeral da Seguridade Social.

Tema 15. Inscrición de empresas. Afiliación de traballadores.

Tema 16. Cotización.

Tema 17. Recadación de cotas.

Tema 18. Acción protectora: continxencias protexibles e réxime xeral de prestacións.

Tema 19. A incapacidade laboral transitoria.

Tema 20. A invalidez. As prestacións recuperadoras.

Tema 21. Morte e supervivencia.

Tema 22. O accidente de traballo e a enfermidade profesional. Disposición sobre seguridade e hixiene no réxime xeral.

Tema 23. A Lei de prevención de riscos laborais: contido, obxecto e ámbito de aplicación.

Tema 24. Política en materia de prevención de riscos para protexe-la seguridade e saúde no traballo.

Tema 25. Dereitos e obrigas das empresas e traballadores en relación coa prevención de riscos.

Tema 26. Os servicios de previsión. A consulta e participación dos traballadores.

Tema 27. Responsabilidades e sancións en materia de riscos laborais.

Tema 28. O traballo dos estranxeiros en España: permiso de traballo e situacións exceptuadas.

Tema 29. Tipos de permisos de traballo.

Tema 30. Medidas para o fomento da contratación indefinida.

Tema 31. Medidas para a contratación temporal.

Tema 32. Medidas de apoio ó autoemprego.

Tema 33. Incentivos para o incremento no cadro de persoal de traballadores minusválidos. Promoción de iniciativas locais de emprego.

Tema 34. Apoio a socios traballadores de cooperativas de traballo asociado ou de sociedades anónimas laborais. Apoio ó traballador autónomo. Compatibilidade de axudas.

Tema 35. Apoio á comprobación da profesionalidade, información profesional, orientación profesional, busca activa de emprego e de formación profesional.

Tema 36. Apoio ós centros especiais de emprego.

Tema 37. Os fondos de promoción de emprego.

Tema 38. Convenios Inem-corporacións locais.

Tema 39. Traballos temporais de colaboración social.

Tema 40. A formación profesional ocupacional dos traballadores desempregados: o plan nacional de formación e inserción social. Os centros colaboradores.

Tema 41. Formación de demandantes de primeiro emprego sen formación.

Tema 42. Os programas de escolas taller e casas de oficios.

Tema 43. Unidades de promoción e desenvolvemento. Os centros de iniciativa empresarial.

Tema 44. Formación profesional continua dos traballadores ocupados.

Tema 45. A orientación profesional.

Tema 46. Plans de servicios integrados para o emprego (SIPES).

Tema 47. O contrato indefinido dos traballadores maiores de 45 anos. Para xoves menores de 25 anos ou de idade comprendida entre 25 e 29. Para mulleres en profesións ou oficios nos que se atopen subrepresentadas ou que se reincorporen á actividade laboral.

Tema 48. Contratos para minusválidos: modalidades.

Tema 49. Contratos a tempo parcial como medida de fomento de emprego.

Tema 50. Contrato de relevo.

Tema 51. Contratos en prácticas e de aprendizaxe.

Tema 52. Contrato de obra ou servicio determinado. Contrato de interinidade.

Tema 53. Contrato eventual por circunstancias da producción. Contrato por lanzamento de nova actividade.

Tema 54. As empresas de traballo temporal. O contrato de posta a disposición.

Tema 55. O traballo por conta propia.

Tema 56. O traballo asociado. Cooperativas de traballo asociado.

Tema 57. As sociedades anónimas laborais.

Tema 58. O Instituto Nacional de Emprego: organización e funcións.

Tema 59. Competencia do Instituto Nacional de Emprego: organización e funcións.

Tema 60. As axencias de colocación. Funcións como colaboradoras do Instituto Nacional de Emprego na loita contra o desemprego.

Tema 61. Iniciativas da Comunidade Autónoma galega na materia de emprego.

Tema 62. O desemprego: concepto e clases. O subemprego. Evolución dos sistemas de cobertura.

Tema 63. A regulación actual da protección por desemprego. Características xerais. Obxecto. Niveis de protección e persoas protexidas.

Tema 64. Prestacións por desemprego de nivel contributivo.

Tema 65. Prestacións por desemprego de nivel asistencial.

Tema 66. O problema do paro en España. Incidencia por sectores.

Tema 67. Especial consideración do problema do paro en Galicia por sectores.

Tema 68. Situación de Vigo e a súa comarca en relación co desemprego. Sectores en crise e xeradores de emprego.

Tema 69. O plan de emprego xuvenil na Comunidade Autónoma galega.

Tema 70. Os programas de garantía social. Contido e obxectivos.

Tema 71. Os viveiros de empresas.

Tema 72. A carta social europea.

Tema 73. O Fondo Social Europeo: características xerais, marcos comunitarios de apoio.

Tema 74. Política da Unión Europea en materia de formación profesional. Especial consideración dos programas FORCE, EUROTENET e PETRA.

Tema 75. Políticas comunitarias co obxectivo de consecución de emprego.

Tema 76. Iniciativas e programas comunitarios de interese local.

Tema 77. Instrumentos de intervención da Unión Europea para o desenvolvemento rexional.

2. Médico/a.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Enmarcada no grupo A; escala, Administración especial; subescala técnica; clase, técnico superior. Estará dotada coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo A, e ás complementarias propias do posto de traballo ó que resulte adscrita a praza do/a aspirante.

Figurará incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, cos baremos previstos para a fase de concurso nas bases xerais.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os e as aspirantes deberán estar en posesión da licenciatura en medicina e contar coa especialidade de psiquiatría e, no seu defecto, posuír formación teórico-práctica en saúde mental. Neste caso o período de tempo mínimo que se considerará para tal formación será de 1 ano e deberá ser acreditado mediante certificación do director ou responsable da institución, unidade, centro ou servicio onde se levase a cabo tal formación.

V. Exercicios da oposición.

Constará de dous exercicios: un teórico e outro práctico, ademais dunha proba de capacidade de coñecemento de idioma galego.

Primeiro exercicio. De carácter obrigatorio.

Efectuarase de conformidade co previsto na base IX.2 das xerais.

Segundo exercicio. De carácter igualmente obrigatorio.

Consistirá en desenvolver por escrito durante un período máximo de 3 horas, dous supostos prácticos que proporá o tribunal, inmediatamentes antes do comezo do exercicio, sobre aspectos concretos dos temas que integran o programa.

Terceiro exercicio. De carácter igualmente obrigatorio, aínda que o non superalo non impedirá o nomeamento.

Consistirá na proba de coñecemento de idioma galego, que se realizará conforme co previsto na base IX das xerais.

Os dous primeiros exercicios cualificaranse de 0 a 10 puntos e quedará eliminado/a o/a aspirante que non obteña 5 puntos cando menos, en cada un deles. O terceiro exercicio cualificarase cun máximo de 2 puntos.

ANEXO

B) TEMAS ESPECÍFICOS

Tema 1. Plan Autonómico sobre Drogodependencias.

Tema 2. Tratamento conductal no abuso de drogas.

Tema 3. Distintos tipos de intervención xeral de drogodependencias.

Tema 4. Prevención da recaída.

Tema 5. O crack como droga aditiva.

Tema 6. Distintos tipos de droga. Clasificación, enfoque.

Tema 7. Neurobioloxía humana da cocaína.

Tema 8. Xeneralidades sobre o tratamento do transtorno por abuso de cocaína. Repercusións médicas da cocaína sobre os individuos.

Tema 9. Aspectos e diagnósticos do abuso da cocaína. Control farmacolóxico.

Tema 10. O rol do stress no abuso de substancias.

Tema 11. Intoxicación e complicacións agudas do alcolismo.

Tema 12. Síndrome de abstinencia alcólica.

Tema 13. Intoxicación aguda cannábica.

Tema 14. Sobredose aguda de opiáceos.

Tema 15. Sinais e síntomas da síndrome de abstinencia de opiaceos.

Tema 16. Desintoxicación de opiáceos.

Tema 17. Ulitización de naltrexona.

Tema 18. Programas de mantemento con metadona.

Tema 19. Tratamento psicofarmacolóxico do alcolismo.

Tema 20. O paciente suicida.

Tema 21. Hepatite B e a súa prevención.

Tema 22. Hepatite Delta, C, E e NO A, NO B.

Tema 23. Historial natural da infección do virus HIV.

Tema 24. Algoritmos. Diagnósticos das síndromes nos pacientes seropositivos do HIV.

Tema 25. Asesoramento HIV.

Tema 26. Perspectivas psicosociais da SIDA.

Tema 27. Transmisión e conducta sexual do HIV.

Tema 28. Consellos para as mulleres ante o HIV.

Tema 29. Conducta da familia co HIV.

Tema 30. Aspectos sobre o HIV para traballadores dos servicios de saúde.

Tema 31. Mecanismo de transmisión da SIDA.

Tema 32. Criterios, diagnósticos da SIDA.

Tema 33. Control de pacientes infectados por HIV.

Tema 34. Infección dos UVPD en relación co HIV.

Tema 35. Profilaxe primeira e segunda da infección en pacientes con SIDA.

Tema 36. Tratamento das infeccións máis frecuentes en pacientes con SIDA.

Tema 37. Trastornos psiquiátricos en pacientes con VIH.

Tema 38. Ansiedade, enfermidade orgánica e trastornos. Manifestacións.

Tema 39. Estratexias de diagnóstico e tratamento da ansiedade.

Tema 40. A ansiedade nos trastornos físicos.

Tema 41. Terapéutica química no tratamento da ansiedade.

Tema 42. Terapéutica non química no tratamento da ansiedade.

Tema 43. Benzodiacepinas e ansiedade.

Tema 44. Benzodiacepinas e trastornos do sono.

Tema 45. Efectos das benzodiacepinas sobre a memoria.

Tema 46. Clasificación dos trastornos afectivos.

Tema 47. Epidemioloxía da depresión.

Tema 48. A depresión, factores de risco, aspectos psicosociais.

Tema 49. A melancolía, concepto, sintomatoloxía e formas clínicas.

Tema 50. Tratamentos biolóxicos e psicolóxicos das depresións.

Tema 51. Depresións non melancólicas, sintomatoloxía e formas clínicas.

Tema 52. Relación entre os estados de ansiedade e os trastornos depresivos.

Tema 53. Situación actual do concepto de depresión neurótica.

Tema 54. Adición ás drogas parenterais. Magnitude do problema.

Tema 55. Complicacións médicas crónicas das drogas parenterais.

Tema 56. Complicacións médicas agudas da adicción ás drogas por vía parenteral.

Tema 57. Complicacións médicas crónicas das drogas parenterais.

Tema 58. Complicacións neurolóxicas na adicción por drogas parenterais.

Tema 59. Complicacións renais por drogas parenterais.

Tema 60. Complicacións por drogas parenterais nos sistemas músculo-esqueléticos.

Tema 61. Complicacións infecciosas e hematolóxicas por drogas parenterais.

Tema 62. Complicacións oculares e dermatolóxicas por drogas parenterais.

Tema 63. Complicacións gastrointestinais por drogas parenterais.

Tema 64. Complicacións hepáticas por drogas parenterais.

Tema 65. Complicacións endocrino-metábolicas por drogas parenterais.

Tema 66. Complicacións do sistema reproductor por drogas parenterais.

Tema 67. Alteracións do sistema inmune e adicción ás drogas parenterais.

Tema 68. Principios para unha educación preventiva sobre drogodependencias.

Tema 69. Prototipo de drogadicto, sinais de sospeita e alteracións da personalidade.

Tema 70. Drogas de inicio disolventes, inhalantes, tabaco, alcol.

Tema 71. Educación para a saúde en centros escolares. Medidas.

Tema 72. As comunidades terapéuticas.

3. Administrativo/a de Administración xeral.

I. Número de prazas: 5.

II. Características.

Enmarcadas no grupo C; escala, Administración xeral; subescala administrativa. Estarán dotadas coas retribucións básicas que legalmente corresponden ó grupo C e as complementarias propias do posto de traballo ó que resulten adscritas as prazas que se convocan.

Figurarán incluídas no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

De conformidade co previsto no artigo 169.2.b) do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, establécese o de oposición. Non obstante reservarase a totalidade das prazas para promoción interna entre auxiliares de Administración xeral ou funcionarios/as do grupo C de titulación doutras escalas que cumpran os requisitos fixados na base XI das xerais (técnico/a auxiliar de biblioteca ou programador informática).

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as e os aspirantes deberán estar en posesión do título de bacharelato superior, FP2 ou equivalente, ou contar con 10 anos de antigüidade integrados no grupo D de titulación como auxiliares de Administración xeral.

Os anteriores requisitos xustificaranse con certificación expedida polo secretario xeral do concello.

V. Exercicios da oposición.

Primeiro exercicio. Teórico.

Efectuarase conforme co previsto na base XI.f) en relación coa IX.2.

Segundo exercicio. Práctico.

Consistirá en resolver dous casos prácticos propostos polo tribunal, que poderán revesti-la forma de informe-proposta, en materias relacionadas co temario anexo.

Terceiro exercicio. De carácter igualmente obrigatorio, aínda que o feito de non superalo, non impedirá o nomeamento.

Consistirá na proba de coñecemento de idioma galego, que se realizará conforme co previsto na base IX das xerais.

Cuarto exercicio. De carácter voluntario consistente nunha proba de coñecementos dos idiomas francés, inglés, alemán, portugués, euskera ou catalán, que se cualificarán de conformidade co previsto na base IX.2 das xerais.

Consistirá na traducción directa sen axuda de diccionario dun texto elixido polo tribunal e referido a cada un dos anteriores idiomas.

Os dous primeiros exercicios cualificaranse de 0 a 10 puntos e quedará eliminado o aspirante que non obteña un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

Os dous últimos exercicios cualificaranse de 0 a 2 puntos.

ANEXO

Primeira parte: Dereito político e constitucional.

Tema 1. O Estado. Concepto. Elementos. Formas de Estado.

Tema 2. A división de poderes. Relacións entre os poderes do Estado.

Tema 3. A Constitución española de 1978. Principios xerais.

Tema 4. Dereitos e deberes fundamentais dos españois.

Tema 5. A Coroa. O poder lexislativo. O poder xudicial.

Tema 6. O Goberno e a Administración do Estado.

Tema 7. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e contido.

Segunda parte: Dereito administrativo.

Tema 1. A Unión Europea. A Acta Única Europea. Exame xeral da acta de adhesión de España á Unión Europea. As libertades básicas do sistema comunitario: libre circulación de mercancías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 2. As institucións da Unión Europea. Órganos executivos e os seus poderes. O Consello de Ministros. A Comisión. O Parlamento Europeo: composición e atribucións. O Tribunal de Xustiza da Unión Europea.

Tema 3. A Administración pública no ordenamento español. A personalidade xurídica da Administración pública. Clases de administracións públicas.

Tema 4. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 5. A Administración pública da Comunidade Autónoma. Estructura e funcións. A Administración periférica.

Tema 6. Principios de actuación da Administración pública. Eficacia, xerarquía, descentralización, desconcentración e coordinación.

Tema 7. Sometemento da Administración á lei e ó dereito. Fontes do dereito público. A lei: as súas clases.

Tema 8. O acto administrativo. Concepto. Elementos.

Tema 9. Principios xerais do procedemento administrativo. Normas reguladoras. Dimensión temporal do procedemento administrativo: días e horas hábiles: cómputo de prazos. Recepción e rexistro de documentos.

Tema 10. Fases do procedemento administrativo xeral. O silencio administrativo.

Tema 11. A teoría da invalidez do acto administrativo. Actos nulos e anulables. Validación. Revisión de oficio.

Tema 12. Os recursos administrativos: concepto e clases.

Tema 13. Concepto e clases de contratos administrativos. A selección do contratista. Dereitos e deberes do contratista e a Administración.

Tema 14. As formas da actividade administrativa. O fomento. A policía.

Tema 15. O servicio público. Nocións xerais. Os modos de xestión dos servicios públicos.

Terceira parte: Administración local.

Tema 1. Réxime local español: principios constitucionais.

Tema 2. A provincia no réxime local. Organización provincial. Competencias.

Tema 3. Estructuras supramunicipais. Mancomunidades. Agrupacións. A comarca.

Tema 4. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 5. Organización municipal.

Tema 6. Competencias municipais.

Tema 7. Ordenanzas e regulamentos das entidades locais. Clases. Procedemento de elaboración e aprobación.

Tema 8. A función pública local e a súa organización.

Tema 9. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Incompatibilidades.

Tema 10. Faltas e sancións dos funcionarios. O procedemento sancionador.

Tema 11. Os bens das entidades locais. Réxime de utilización dos de dominio público.

Tema 12. As formas de actividade das entidades locais. A intervención administrativa na actividade privada. Procedemento de outorgamento de licencias.

Tema 13. O servicio público na esfera local. Os modos de xestión dos servicios públicos. Consideración especial da concesión.

Tema 14. Procedemento administrativo local. O Rexistro de Entrada e Saída de Documentos. Requisitos da presentación de documentos. Comunicacións e notificacións.

Tema 15. Funcionamento dos órganos colexiados locais. Convocatoria e orde do día. Requisitos de constitución. Votacións. Actas e certificados de acordos.

Tema 16. Lexislación sobre réxime do solo e ordenación urbana: os seus principios inspiradores. Competencia urbanística municipal.

Tema 17. Facendas locais. Clasificación dos ingresos. Ordenanzas fiscais.

Tema 18. Os orzamentos locais. Contabilidade e contas.

4. Sarxento do servicio de extinción de incendios.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Integrada no grupo C de titulación, escala, administración especial; subescala, servicios especiais;

clase, cometidos especiais; categoría, sarxento. Estará dotada coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscribe a praza.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

Resérvase a praza para promoción interna.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os/as aspirantes deberán estar en posesión do título de bacharelato superior ou equivalente ou contar con dez anos de antigüidade na praza do grupo D de titulación dentro do servicio.

Os anteriores requisitos acreditaranse con certificación expedida polo secretario xeral do concello no que conste a data de toma de posesión como bombeiro, conductor-bombeiro ou cabo e que levan polo menos dous anos de servicios como tales no concello.

V. Exercicios da oposición.

Constará dos seguintes:

Primeiro exercicio. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Realizarase de conformidade co previsto na base XI.f) en relación coa IX.2 das xerais.

Segundo exercicio. Práctico. Tamén de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en resolver nun prazo máximo dunha hora un suposto práctico, elexido ó chou de entre varios supostos, relacionados co temario específico do Servicio de Extinción de Incendios.

Este exercicio será lido polos aspirantes ó seu remate, salvo causa xustificada, perante o tribunal.

Tanto o primeiro como o segundo exercicio cualificaranse de 0 a 10 puntos e quedará eliminado quen non acade un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

VI. Curso selectivo.

De conformidade co previsto na base XIII das xerais, os aspirantes aprobados, unha vez aportada toda a documentación esixida nas bases, serán nomeados funcionarios en prácticas, percibindo as retribucións que legalmente correspondan á dita situación, debendo superar un curso teórico-práctico de 3 meses como máximo de duración, antes do seu nomeamento definitivo como funcionario de carreira.

Serán causas que impidan a superación do curso as seguintes:

a) Incorrer en tres faltas consecutivas ou cinco alternativas de asistencia sen causa xustificada.

b) A notoria e constante falta de puntualidade no cumprimento do horario de entrada e saída.

c) Faltar ó curso máis dun tercio das xornadas lectivas das que conste.

d) Que nas revisións médicas que se lle poidan practicar en calquera momento durante o curso, se comprobe a aparición dalgunha das causas de exclusión que figuran no anexo I.

e) Non supera-la metade da puntuación total establecida para o curso, que será como máximo de 10 puntos.

Para a valoración, o órgano convocante constituirá unha comisión que lle efectuará a oportuna proposta e estará integrada por:

Presidente: o alcalde ou por delegación o concelleiro-delegado de Seguridade, Circulación, Transportes e Medio Ambiente.

Secretario/a: un técnico ou técnica de Admón. xeral ou funcionario/a con habilitación de carácter nacional.

Vocais: o xefe do servicio. O suboficial, e no seu defecto o sarxento de maior antigüidade, e dous representantes do comité de persoal.

A comisión efectuará a súa valoración en función dos informes que lle facilite o profesorado do curso, sen prexuízo de poder ter libre acceso ás clases, exames e a toda a documentación que considere oportuna para formar o seu xuízo de valor.

Este curso será substituído por calquera que poida programa-la Escola Galega de Administración Pública ou a Escola de Seguridade para o persoal do Servicio de Extinción de Incendios dos concellos de Galicia que superen as probas selectivas correspondentes.

ANEXO I

TEMARIO

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. A Admón. do Estado no ordenamento español: estructura e funcións. A Admón. periférica. A Admón. institucional e corporativa.

Tema 4. As comunidades europeas. A Acta Única Europea. Exame xeral da acta de adhesión de España ás Comunidades Económicas Europeas. As liberdades básicas do sistema comunitario, libre circulación de mercadorías, de persoas, de servicios e de capitais.

Tema 5. A Xunta de Galicia e o seu presidente. O Parlamento de Galicia. Control parlamentario da acción do Goberno. O Valedor do Pobo.

Tema 6. O municipio. O termo municipal. A poboación. Consideración especial do veciño. O empadroamento.

Tema 7. Organización e competencias municipais.

Tema 8. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

Tema 9. Natureza do fogo. Combustión. Tipos de combustión. Transmisión da calor. Triángulo e tetraedro. Mecanismos da extinción.

Tema 10. Incendios forestais. Tipos de causas. Os combustibles forestais, clases e formas. Factores que interveñen na propagación. Extinción. Liñas de defensa.

Tema 11. Sistemas de protección respiratoria. Clasificación. Equipos illantes, circuíto aberto e circuíto pechado.

Tema 12. A espuma. Tipos, características, clasificación. Equipos de espuma e o seu emprego.

Tema 13. Movemento do fume nos incendios. Naturais e forzados.

Tema 14. Os fumes e gases nos incendios, os productos da combustión e gases xerados.

Tema 15. Efectos fisiolóxicos dos fumes e gases da combustión. Toxicidade e compresión do problema.

Tema 16. Corta polo pé dunha árbore. Elementos desta corta. Precaucións e normas xerais para dispoñer unha corta. Corta polo pé dunha árbore con elementos metálicos.

Tema 17. Primeiros auxilios en hemorraxias, queimaduras e fracturas. Transporte de accidentados e enfermos RCP.

Tema 18. Enerxía eléctrica nos edificios. Orixe eléctrica dos incendios. Causas.

Tema 19. Consideracións xerais sobre as exposicións de sólidos, líquidos e gases. Exposicións físicas. BLEVE. Exposicións químicas.

Tema 20. Transporte de mercadorías perigosas. Sinalización ou identificación da materia transportada.

Tema 21. Transporte de mercadorías perigosas por estrada. Ficha de seguridade e carta de porte.

Tema 22. Clasificación das materias perigosas. Limitativas e non limitativas. Riscos e medidas preventivas.

Tema 23. Transporte de mercadorías perigosas por ferrocarril. Etiquetas de perigo.

Tema 24. Plan de actuación en caso de accidente de mercadorías perigosas por ferrocarril.

Tema 25. Transporte de mercadorías perigosas. Bleve.

Tema 26. A Norma Básica NBE-CPI 91. Instalacións de protección contra incendios. Art. 20, 21 e 22.

Tema 27. O Regulamento xeral de espectáculos públicos e actividades recreativas. Capítulo primeiro, artigo 2 ó 12. Sección primeira. Precaucións e medidas contra incendios.

Tema 28. Operacións previas ó rescate de víctimas en automóbiles. Operacións previas no lugar do accidente. Remoción de teitos. Apertura e remoción de portas.

Tema 29. Rescate de víctimas en automóbiles e trens.

Tema 30. A intervención dos corpos de bombeiros. Precaucións xerais. Desenvolvemento xeral das intervencións antes e despois.

Tema 31. Salvamento en accidentes nos ascensores.

Tema 32. Vehículos do Servicio de Extinción de Incendios. Vehículos de extinción.

Tema 33. A auga como axente extintor. Diferentes tipos de lanzas.

Tema 34. Riscos de proximidade ás instalacións eléctricas de alta tensión. Materias de seguridade. Actuacións con risco eléctrico. Rescate de accidentados.

Tema 35. Clasificacións dos axentes extintores. Axentes extintores gasosos. Axentes extintores líquidos. Axentes extintores sólidos.

Tema 36. Traxes de protección persoal. Aspectos xerais. Traxes de protección térmica, química e radiactiva.

Tema 37. Fuga de gases. Características dos gases. Clasificación. Intervención en fugas e taponamento.

Tema 38. Detección de gases. Explosímetro. Medidor de 02.

Tema 39. Intervencións en inundacións. Trombas de auga. Rotura de tuberías. Obstrucción na rede de saneamento. Vehículo especial e dotación. Manobras.

Tema 40. Platerga. Definición. Obxectivos. Riscos na Comunidade galega. Grupo de acción, funcións do grupo de intervención no que fai referencia ós corpos de bombeiros.

5. Cabo do servicio de extinción de incendios.

I. Número de prazas: 1.

II. Características.

Integrada no grupo D de titulación. Escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, cometidos especiais; categoría, cabo. Estará dotada coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscribe a praza.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

Resérvase para promoción interna.

IV. Condición dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais as e os aspirantes deberán estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente; poderán concorre-los bombeiros e conductores-bombeiros que reúnan os requisitos e a titulación esixida.

Os anteriores requisitos xustificaranse con certificado do secretario xeral, no que conste a data de toma de posesión como bombeiro ou conductor-bombeiro e que leven polo menos dous anos de servicios como tales no concello.

V. Exercicios da oposición.

Constará dos seguintes:

Primeiro. Teórico. De carácter obrigatorio e eliminatorio.

Realizarase de conformidade co previsto na base XI.f) en relación coa IX.2 das xerais.

Segundo. Práctico. Tamén de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en resolver nun prazo máximo dunha hora un suposto práctico, elixido ó chou de entre varios supostos, relacionado co temario específico do Servicio de Extinción de Incendios.

Tanto o primeiro como o segundo exercicio cualificaranse de 0 a 10 puntos e quedará excluído o aspirante que non acade un mínimo de 5 puntos en cada un deles.

VI. Curso selectivo.

De conformidade co previsto na base XIII das xerais, os aspirantes aprobados, logo de presentaren toda a documentación esixida nas bases, serán nomeados funcionarios en prácticas e percibirán as retribucións que legalmente correspondan á dita situación; deberán superar un curso teórico-práctico de 3 meses como máximo de duración, antes do seu nomeamento definitivo como funcionario de carreira.

Serán causas que impidan a superación do curso as seguintes:

a) Incorrer en tres faltas consecutivas ou cinco alternas de asistencia sen causa xustificada.

b) A notoria e constante falta de puntualidade no cumprimento do horario de entrada e saída.

c) Faltar ó curso máis dun tercio das xornadas lectivas das que conste.

d) Que nas revisións médicas que se lle poidan practicar en calquera momento durante o curso, se comprobe a aparición dalgunha das causas de exclusión que figuran no anexo I.

e) Non supera-la metade da puntuación total establecida para o curso, que será como máximo de 10 puntos.

Para a valoración, o órgano convocante constituirá unha comisión que efectuará a oportuna proposta e estará integrada por:

Presidente: o alcalde ou, por delegación, o concelleiro-delegado de Seguridade, Circulación, Transportes e Medio Ambiente.

Secretario/a: un/nha técnico/a de Administración xeral ou funcionario/a con habilitación de carácter nacional.

Vocais: o xefe do servicio. O suboficial, e no seu defecto o sarxento de maior antigüidade. Dous representantes do comité de persoal.

A comisión efectuará a súa valoración en función dos informes que lle facilite o profesorado do curso, sen prexuízo de poder ter libre acceso ás clases, exames e a toda a documentación que considere oportuna para forma-lo seu xuízo de valor.

ANEXO I

TEMARIO

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Organización e competencias municipais.

Tema 4. Dereitos e deberes dos funcionarios públicos locais. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

Tema 5. Natureza do lume. Combustión. Tipos de combustión. Transmisión da calor. Triángulo e tetraedro. Mecanismos da extinción.

Tema 6. Incendios forestais. Tipos e causas. Os combustibles forestais, clases e formas. Factores que interveñen na propagación. Extinción. Liñas de defensa.

Tema 7. Sistemas de protección respiratoria. Clasificación. Equipos illantes, circuíto aberto e circuíto pechado.

Tema 8. A escuma. Tipos, características. Clasificación. Equipos de escuma e o seu emprego.

Tema 9. Corta polo pé dunha árbore. Elementos desta corta. Precaucións, e normas xerais para dispoñer unha corta. Corta polo pé dunha árbore con elementos metálicos.

Tema 10. Primeiros auxilios en hemorraxias, queimaduras e fracturas. Transporte de accidentados e enfermos de RCP.

Tema 11. A auga como axente extintor. Diferentes tipos de lanzas.

Tema 12. Transporte de mercadorías perigosas. Clasificación das materias. Sinalización ou identificación da materia transportada.

Tema 13. Transporte de mercadorías perigosas. BLEVE.

Tema 14. A Norma Básica NBE-CPI 91. Instalacións de protección contra incendios, Art. 20, 21, 22.

Tema 15. Operacións previas ó rescate de víctimas en automóbiles. Operacións previas no lugar do acci

dente. Remoción de teitos. Apertura e remoción de portas.

Tema 16. Clasificación dos axentes extintores. Axentes extintores gasosos. Axentes extintores líquidos. Axentes extintores sólidos.

Tema 17. Rescate de víctimas en autobuses e trens.

Tema 18. Salvamento en accidente nos ascensores.

Tema 19. Fuga de gases. Características dos gases. Intervención en fugas e taponamento.

Tema 20. Traxes de protección persoal. Aspectos xerais. Traxes de protección térmica, química e radioactiva.

6. Cabo da policía local.

I. Número de prazas: 6.

II. Características.

Integradas no grupo D de titulación. Escala, Administración especial; subescala, servicios especiais; clase, policía local; categoría, cabo. Estarán dotadas coas retribucións básicas correspondentes ó seu grupo de titulación e as complementarias propias do posto de traballo ó que se adscribe a praza.

III. Sistema de selección.

Establécese o de oposición libre.

Non obstante resérvase o 50 % do total das prazas ofertadas para promoción interna (3 prazas). As posibles vacantes na quenda de promoción interna acrecentarán as de quenda libre.

A promoción interna efectuarase a través de concurso, co baremo previsto para o efecto nas bases xerais das convocatarias derivadas da oferta de emprego público do ano 1996, entre gardas que prestasen dous anos de servicios no Concello de Vigo.

Para os efectos de valoración das titulacións académicas que figuran no apartado 3.e).3 da base XI das xerais, admitiranse os títulos de idiomas oficias da Unión Europea ou das comunidades autónomas con lingua propia, excluído o galego que se valora independentemente, sempre que sexan expedidos pola Escola Oficial de Idiomas.

IV. Condicións dos e das aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais as e os aspirantes deberán cumpri-las seguintes:

a) Estar en posesión do título de graduado escolar ou equivalente.

b) Ser titular do permiso de conducir A2 e B2.

c) Ter unha estatura de 1,70 m para homes e 1,65 para mulleres.

d) Compromiso de portar armas, se é o caso, chegar a utilizalas, que se prestará mediante declaración xurada e por escrito.

e) Acredita-la aptitude física, mediante a presentación dun certificado médico, na que se faga constar

expresamente que o/a aspirante reúne as condicións físicas e sanitarias suficientes para a realización dos exercicios físicos que figuran especificados na correspondente proba da oposición, o que non excluirá as comprobacións posteriores do que se reflicte no certificado médico.

Todos estes requisitos deberán ser referidos á data na que se remate o prazo de presentación de instancias da convocatoria.

No caso de promoción interna, os anteriores requisitos substituiranse por certificación expedida polo secretario xeral do concello no que conste a data de toma de posesión como gardas da policía local e que leven polo menos dous anos de servicios como tales no concello.

Estas prazas resérvanse para aspirantes de nacionalidade española, dada a condición de axentes da autoridade que o nomeamento leva consigo.

V. Identificación das e dos opositores.

As e os opositores comparecerán ás diferentes probas provistos do documento nacional de identidade, a presentación do cal poderá ser esixida polo tribunal en calquera momento durante o desenvolvemento de cada proba. Serán excluído/a quen careza do dito documento.

VI. Exercicios da oposición.

Con carácter previo ó comezo das probas realizarase a práctica de control de estatura e demais medidas antropométricas.

Constará dos seguintes:

Primeiro. Exame psicotécnico.

Irá dirixido á valoración da capacidade de razoamento e planificación do/a aspirante, así como dos riscos de personalidade e aptitudes máis adecuadas a funcións que se van desenvolver, contidas no art. 53 da Lei de forzas e corpos de seguridade do Estado.

Levarase a cabo mediante test normalizado e a valoración dos/as aspirantes realizarase por comparación cos baremos e perfís do devandito test.

O contido concreto será o que figura como anexo I destas bases.

Segundo. Probas de aptitude física.

Consistirá na realización das seguintes probas físicas:

-Forza flexora (homes e mulleres).

Desde a posición de suspensión pura, coas palmas á fronte, total extensión de brazos, realizaranse flexións asomando o queixo por riba da barra e estendendo totalmente os brazos sen que se permita o balanceo do corpo ou axudarse con movementos de pernas. Un só intento.

Flexións (homes): 5 flexións.

Flexións (mulleres): 3 flexións.

-Velocidade (homes e mulleres).

Con saída de pé, realizarase un percorrido de 100 m nun tempo máximo, sobre superficie lisa plana e dura. Un só intento.

Tempo (homes): 15''.

Tempo (mulleres): 16''.

-Resistencia (homes e mulleres).

Carreira de 800 m, nun tempo máximo, sobre superficie lisa plana e dura. Un só intento.

Tempo (homes): 3,15''.

Tempo (mulleres): 3,50''.

-Natación (homes e mulleres).

Posición de saída en pé, fóra da auga. Estilo libre, 25 m nun tempo máximo. Un só intento.

Tempo (homes): 50''.

Tempo (mulleres): 1,00''.

Tódolos aspirantes deberán presentarse ás probas físicas provistos de roupa deportiva.

Terceiro. Teórico.

De carácter obrigatorio e eliminatorio. De conformidade con previsto no apartado 3.e) do artigo terceiro do Real decreto 121/1995, do 20 de abril, da Xunta de Galicia, consistirá en contestar por escrito, no prazo máximo de dúas horas, a catro temas elixidos ó chou; dous de cada unha das partes de que consta o temario que figura como anexo II a estas bases.

Cuarto. Práctico.

Tamén de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá en resolver nun prazo máximo dunha hora un suposto práctico elixido ó chou de entre varios supostos relacionados co temario específico do exercicio teórico.

Quinto. Coñecemento de idioma galego.

Obrigatorio e non eliminatorio.

Consistirá en responder un cuestionario con tres respostas alternativas para cada pregunta sobre lingua galega, institucións e dereito básico galego.

Sexto. Coñecemento de idiomas oficiais doutras comunidades autónomas e da unión europea.

Exercicio voluntario de coñecemento de idiomas oficiais das comunidades autónomas, de Cataluña, País Vasco e da Unión Europea.

Efectuarase segundo o previsto na base IX das xerais.

Valoración dos exercicios.

* Os exercicios primeiro e segundo valoraranse como apto/a ou non apto/a.

* Os exercicios terceiro e cuarto valoraranse de 0 a 10 puntos, quedando eliminado o/a aspirante que non acade polo menos 5 puntos en cada un deles.

Serán lidos polos aspirantes ó remate do exame perante o tribunal, salvo causa xustificada.

* O exercicio quinto e sexto valorarase de 0 a 2 puntos.

* A suma das puntuacións obtidas nos exercicios terceiro, cuarto, quinto e sexto servirá para elabora-la relación de aprobados/as por orde de puntuación, que serán nomeados/as funcionarios/as en prácticas.

* Os e as aspirantes provenientes da quenda libre que superen as probas anteriores ata o número de prazas ofertadas terán que superar un recoñecemento médico no centro que se indique para os efectos, no cal se certificará que o aspirante non está incurso en ningunha das exclusións médicas recollidas no cadro que figura como anexo III desta convocatoria. No caso de que algún ou algunha das aspirantes non o superase será substituído/a polo/a seguinte por orde de puntuación que superase as probas.

VII. Tribunal.

O/a representante da Xunta de Galicia será designado/a pola Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, por proposta da Academia Galega de Seguridade, de entre os profesionais da policía local de Galicia.

VIII. Curso selectivo.

De conformidade co previsto na base XIV das xerais, as e os aspirantes aprobados tanto por quenda libre como por promoción interna deberán superar un curso selectivo de formación teórico-práctica coas características e contido que se contén no artigo 9 do Real decreto 121/1995, do 20 de abril, da Xunta de Galicia.

ANEXO I

Tendo en conta as funcións que para o corpo da policía local se consideran no Art. 53 da Lei orgánica 2/1986, do 13 de marzo, de forzas e corpos de seguridade, os test irán dirixidos a excluí-los aspirantes con anomalías respecto ó perfil psicolóxico que debe reuni-lo persoal do corpo, e que se traduce nas seguintes:

1. Desviación psicopática: refírese á incapacidade de aproveitamento das experiencias vividas e a desconsideración ás normas sociais. Aparentemente esta anomalía non se pode detectar sen un estudio psicolóxico, xa que as persoas con esta tendencia se mostran agradables e intelixentes e só se descobren a simple vista cando se atopan en serias dificultades; por isto, débense utilizar instrumentos sociométricos para a súa detección.

2. Esquizofrenia: refírese á separación que presentan algunhas persoas entre a vida subxectiva e

a realidade, por tanto presentan de forma irracional cambios de estado de ánimo e conducta.

3. Paranoia: refírese á aparición de delirios de persecución, susceptibilidade ou sospeita, hipersensibilidade con ou sen egotismo expansivo (demasiada importancia da propia persoa e un afán desmedido de falar de si mesmo). Os suxeitos que padecen a dita normalidade dan a impresión de ser normais cando están en garda, pero pódense converter rapidamente en litigantes ou vingativos contra calquera que dea mostras de querer controlalo.

4. Psicastenia: refírese a un tipo de conducta, tanto explícita como implícita, causada por fobias que inclúen todo tipo de temores ilóxicos (obxectos ou situacións) que poden provocar reaccións extremas a estímulos correntes.

5. Hipomanía: refírese a unha alteración cunha marcada superproductividade de pensamento e acción. As actividades das persoas que padecen esta anomalía poden estorba-los demais xa que prestan moi pouca atención ós principios sociais establecidos, amosando graves dificultades coa lei e os seus representantes.

6. Depresión: refírese á tendencia a amosar unha falta de confianza en si mesmos, tendencia a preocuparse, pouco interese e introversión cando se atopa ante unha situación crítica.

7. Histeria: refírese á propensión a sufrir ataques esporádicos de debilidade, desmaio ou convulsións epileptoides, que se desencadean ante calquera situación de tensión.

8. Hipocondriase: refírese á inmadurez ante a forma de enfrontamento ós problemas, con tendencia a non atopar solucións adecuadas.

9. Introversión social: refírese á tendencia ó illamento de contactos sociais, apatía , inseguridade, incapacidade para tomar decisións, lentitude, inflexibilidade de pensamento, etc.

Así mesmo, valoraranse positivamente no test os factores determinantes da personalidade que deben estar presente no perfil ideal das e dos aspirantes ó ingreso neste corpo e que se traducen en:

1. Forza do EU: refírese a unha boa integración persoal e unha estructura compacta da personalidade que lle serve para actuar ante presións externas e tensións emocionais. Deste xeito pódese desenvolver un traballo de forma desenvolta e aproveitando as circunstancias.

2. Dominancia: refírese á iniciativa social, persistencia, esforzo, preocupación, capacidade para o mando e identificación coa sociedade.

3. Responsabilidade: refírese á aceptación das consecuencias ocasionadas pola conducta, á conciencia das obrigas propias traducíndose en ser digno de confianza, con gran sentido de pertenza ó grupo co que actúa e a amosar unha integridade total.

4. Control: refírese ó autocontrol que poidan presenta-las persoas en calquera momento.

ANEXO II

TEMARIO

Primeira parte.

Tema 1. A Constitución española de 1978: principios xerais e estructura. Dereitos e deberes fundamentais da persoa na Constitución de 1978. O Tribunal Constitucional.

Tema 2. O Estatuto de autonomía de Galicia: principios xerais e estructura.

Tema 3. Organización e competencias municipais.

Tema 4. Dereitos e deberes dos funcionarios do corpo da policía local. Faltas e sancións. O procedemento sancionador.

Tema 5. Dereito procesual penal: concepto. A Lei de axuizamento criminal; estructura e bases fundamentais. A policía xudicial e as súas obrigas co fin de levar a cabo a persecución criminal.

Tema 6. O delicto e a falta; diferencias obxectivas e procesuais. Circunstancias modificativas. Especial referencia ás circunstancias eximentes, atenuantes e agravantes. A lexítima defensa. Cumprimento do deber e obediencia debida.

Tema 7. O homicidio e as súas formas. As lesións. Delictos contra a liberdade sexual. Delictos contra a liberdade. Delictos contra o patrimonio e contra a orde socioeconómica. Especial referencia a roubos, furtos e fraudes.

Tema 8. Delictos contra a Administración pública. Especial referencia a: prevaricación, suborno, das negociacións prohibidas ó funcionariado público e dos abusos no exercicio das funcións.

Tema 9. A Lei orgánica de forzas e corpos de seguridade. Disposicións xerais. Principios básicos. Disposicións estatutarias comúns. A policía local. Funcións. Especial referencia á protección civil. As xuntas locais de seguridade.

Tema 10. A Lei 3/1992, de coordinación das policías locais de Galicia. Normas básicas de estructura; organización e actuación das policías locais. Ingreso, promoción e mobilidade. Réxime estatutario.

Segunda parte.

Tema 1. A actuación da policía local en materia de policía xudicial. O atestado policial; a detención: o depósito de detidos. A asistencia letrada ó/a detido/a. Os habeas corpus.

Tema 2. Delictos contra a seguridade colectiva, en especial contra a saúde pública e seguridade do tráfico. Delictos contra a orde pública, en especial: dos atentados contra a autoridade, os seus axentes e os funcionarios públicos e da resistencia e desobediencia. Faltas contra a orde pública.

Tema 3. Regulamento de armas. Aspectos esenciais. Armas prohibidas. Licencias. Aplicación ás policías locais.

Tema 4. A Lei de seguridade vial: organismos competentes. Permisos e licencias de conducción. Permisos de circulación, ITV, seguro obrigatorio.

Tema 5. A policía local. Servicios que ten que realizar. A regulación do tráfico. Normas xerais de actuación. Comportamento coas e cos infractores. Procedemento sancionador. O escrito de descargo. Recurso ordinario.

Tema 6. Guindastres. Inmobilización de vehículos. Depósitos de vehículos. Circunstancias en que procede a retirada.

Tema 7. Alcolemia: concepto. Obriga de someterse á proba. Modo de efectua-la proba. Actuación ante o resultado. O accidente. Investigación de accidentes.

Tema 8. Regulamento orgánico do Concello de Vigo. Estructura e funcionamento.

Tema 9. As ordenanzas municipais do Concello de Vigo. Os bandos. Funcións da policía local co fin de velar polo cumprimento de ordenanzas de Goberno, fiscais e de edificación. Conservación e defensa do patrimonio municipal. Defensa da lexislación sanitaria, medio ambiente e abastecementos.

Tema 10. Breve descrición do termo municipal de Vigo. Aspectos da zona urbana en relación co tráfico. Principais vías urbanas, monumentos e lugares de interese cultural, artístico, deportivo e turístico da cidade.

ANEXO III

CADRO DE EXCLUSIÓNS MÉDICAS

1. Exclusións circunstanciais. Enfermidades ou lesións agudas activas no momento do recoñecemento, que poidan producir secuelas capaces de dificultar ou impedi-lo desempeño das súas funcións policiais.

Nestes casos o tribunal médico poderá fixar un novo prazo para comproba-lo estado de saúde da ou do aspirante, ó final do cal o propio tribunal certificará se desapareceron os motivos da exclusión circunstancial.

2. Exclusións definitivas:

2.1. Ollo e visión.

2.1.1. Agudeza visual sen correción inferior ós dous tercios da visión normal en ámbolos dous ollos.

2.1.2. Queratotomía radial.

2.1.3. Desprendemento de retina.

2.1.4. Estrabismo.

2.1.5. Hemianopsias.

2.1.6. Discromatopsias.

2.1.7. Calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, dificulte de maneira importante a agudeza visual.

2.2. Oído e audición: Agudeza auditiva que supoña unha perda entre 1.000 e 3.000 hertzios a 35 decibelios, ou de 4.000 hertzios a 45 decibelios.

2.3. Outras exclusións:

2.3.1. Aparello locomotor; alteracións do aparello locomotor que limiten ou dificulten o desenvolvemento da función policial, ou que poidan agravarse, a xuízo do tribunal médico, co desempeño do posto de traballo. (Patoloxía ósea de extremidades, retraccións ou limitacións funcionais de causa muscular ou articular, defectos de columna vertebral e outros procesos óseos, musculares e articulares).

2.3.2. Aparello dixestivo; úlcera gastro-duodenal e calquera outro proceso dixestivo que, a xuízo do tribunal médico, dificulte o desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.3. Aparello cardiovascular: hipertensión arterial de calquera causa, non deben supera-las cifras en repouso os 145 mm/Hg en presión sistólica, e os 90 mm/Hg en presión diastólica; varices ou insuficiencia venosa periférica, así como calquera outra patoloxía ou lesión cardiovascular que, a xuízo do tribunal médico, poida limita-lo desenvolvemento do posto de traballo.

2.3.4. Aparello respiratorio: asma bronquial, a broncopatía crónica obstructiva, o pneumotórax espontáneo (en máis dunha ocasión), a tuberculose pulmonar activa e outros procesos do aparello respiratorio que dificulten o desenvolvemento da función policial.

2.3.5. Sistema nervioso: epilepsia, depresión, xaquecas, tremor de calquera causa, alcoholismo, toxicomanías e outros procesos patolóxicos que dificulten o desenvolvemento da función policial.

2.3.6. Pel e faneras: psoriase, eccema, cicatrices que produzan limitación funcional e outros procesos patolóxicos que dificulten ou limiten o desenvolvemento da función policial.

2.3.7. Outros procesos patolóxicos: diabete, enfermidades transmisibles en actividade, enfermidade de transmisión sexual, enfermidades inmunolóxicas sistémicas, intoxicacións crónicas, hemopatías graves, malformacións conxénitas, psicose e calquera outro proceso patolóxico que, a xuízo do tribunal médico, limite ou incapacite para o exercicio da función policial.

Respecto á exclusión por toxicomanía ou alcolismo, á que se refire o apartado 2.3.5., procederase no primeiro caso, se se comproba a existencia de metabolistos de drogas de abuso, e no segundo caso, se se detecta unha cantidade de alcol no sangue superior a 0,5 gr/dl.

7. Capataz de obras.

I. Número de postos: 1.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación. Estará dotado coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurará incluído no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

Resérvase para promoción interna, entre persoal coa categoría de oficial de oficios ó servicio da corporación, que cumpran cos requisitos sinalados na base XI das xerais.

IV. Condicións dos/as aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar ou equivalente.

Os anteriores requisitos acreditaranse mediante certificado do secretario xeral do concello, no que conste a data de toma de posesión como oficial de oficios e que leven polo menos dous anos de servicios como tales no concello.

V. Fase de oposición.

Consistirá en desenvolver practicamente un traballo ou tarefa relacionada co posto de capataz de obras, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio, de conformidade co previsto na base XI.f), en relación coa IX.2 das xerais.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e quedará eliminado quen non obteña, cando menos, 5 puntos.

A suma das puntuacións obtidas no concurso e no exercicio de oposición, servirá para confecciona-la relación de aprobados por orde de puntuación, sen que as do concurso poidan exceder de catro puntos.

8. Oficial conductor.

I. Número de postos: 3.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación. Estarán dotados coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurarán incluídos no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

Resérvanse para promoción interna, entre persoal ó servicio da corporación integrado nos grupos D e E ou laboral equiparado, que cumpran cos requisitos sinalados na base XI das xerais.

IV. Condicións dos aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar ou equivalente e do permiso de conducir da clase C2.

Os anteriores requisitos acreditaranse mediante certificación do secretario xeral do concello, no que conste a data de toma de posesión como persoal dos grupos D ou E ou laboral equiparado e que leven polo menos dous anos de servicios como tales no concello.

V. Fase de oposición.

Consistirá en desenvolver practicamente un traballo ou tarefa relacionada co posto de oficial conductor, que proporá o tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio, de conformidade co previsto na base XI.f), en relación coa IX.2 das xerais.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos, quedará eliminado/a o/a aspirante que non obteña 5 puntos cando menos.

A suma das puntuacións obtidas no concurso e no exercicio de oposición servirá para confecciona-la relación de aprobados/as por orde de puntuación, sen que as do concurso poidan exceder de catro puntos.

9. Oficial xardineiro.

I. Número de postos: 3.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación. Estarán dotados coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurarán incluídos no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

Resérvanse para promoción interna, entre persoal ó servicio da corporación integrado nos grupos D e E ou laboral equiparado, que cumpran cos requisitos sinalados na base XI das xerais.

IV. Condicións dos/as aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as e os aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar ou equivalente.

Os anteriores requisitos acreditaranse mediante certificación do secretario xeral do concello, no que conste a data de toma de posesión como persoal dos grupos D ou E ou laboral equiparado e que leven

polo menos dous anos de servicios como tales no concello.

V. Fase de oposición.

Consistirá en desenvolver practicamente un traballo ou tarefa relacionada co oficio de xardineiro, que propoñerá o tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio, ou de conformidade co previsto na base XI.f), en relación coa IX.2 das xerais.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e quedará eliminado/a o/a aspirante que non obteña 5 puntos alomenos.

A suma das puntuacións obtidas no concurso e no exercicio de oposición, servirá para confecciona-la relación de aprobados/as por orde de puntuación, sen que as do concurso poidan exceder de catro puntos.

10. Oficial mecánico.

I. Número de postos: 1.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación. Estará dotado coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurará incluído no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

Resérvase para promoción interna, entre persoal ó servicio da corporación integrado nos grupos D e E ou laboral equiparado, que cumpran cos requisitos sinalados na base XI das xerais.

IV. Condicións dos/as aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as e os aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar ou equivalente.

Os anteriores requisitos acreditaranse mediante certificación do secretario xeral do concello, no que conste a data de toma de posesión como persoal dos grupos D ou E ou laboral equiparado e que leven polo menos dous anos de servicios como tales no concello.

V. Fase de oposición.

Consistirá en desenvolver practicamente un traballo ou tarefa relacionada co posto de oficial mecánico, que proporá o tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio, ou de conformidade co previsto na base XI.f), en relación coa IX.2 das xerais.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e quedarán eliminados os aspirante que non obteña 5 puntos alomenos.

A suma das puntuacións obtidas na concurso e no exercicio de oposición servirá para confecciona-la

relación de aprobados por orde de puntuación, sen que as do concurso poidan exceder de catro puntos.

11. Oficial electricista.

I. Número de postos: 2.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación. Estarán dotados coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurarán incluídos no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

Resérvanse para promoción interna, entre persoal ó servicio da corporación integrado nos grupos D e E ou laboral equiparado, que cumpran cos requisitos sinalados na base XI das xerais.

IV. Condicións dos/as aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, os/as aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar ou equivalente.

Os anteriores requisitos acreditaranse mediante certificación do secretario xeral do concello, no que conste a data de toma de posesión como persoal dos grupos D ou E ou laboral equiparado e que leven polo menos dous anos de servicios como tales no concello.

V. Fase de oposición.

Consistirá en desenvolver practicamente un traballo ou tarefa relacionada co posto de oficial electricista, que proporá o tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio, ou de conformidade co previsto na base XI.f), en relación coa IX.2 das xerais.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e quedará eliminado o aspirante que non obteña, cando menos, 5 puntos.

A suma das puntuacións obtidas no concurso e no exercicio de oposición servirá para confecciona-la relación de aprobados/as por orde de puntuación, sen que as do concurso poidan exceder de catro puntos.

12. Oficial albanel.

I. Número de postos: 2.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación. Estarán dotados coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurarán incluídos no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

Resérvanse para promoción interna, entre persoal ó servicio da corporación integrado nos grupos D e E ou laboral equiparado, que cumpran cos requisitos sinalados na base XI das xerais.

IV. Condicións dos/as aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as e os aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar ou equivalente.

Os anteriores requisitos acreditaranse mediante certificación do secretario xeral do concello, no que conste a data de toma de posesión como persoal dos grupos D ou E ou laboral equiparado e que leven polo menos dous anos de servicios como tales no concello.

V. Fase de oposición.

Consistirá en desenvolver practicamente un traballo ou tarefa relacionada co posto de oficial albanel, que proporá o tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio, ou de conformidade co previsto na base XI.f), en relación coa IX.2 das xerais.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e quedará eliminado/a o/a aspirante que non obteña 5 puntos cando menos.

A suma das puntuacións obtidas no concurso e no exercicio de oposición servirá para confecciona-la relación de aprobados/as por orde de puntuación, sen que as do concurso poidan exceder de catro puntos.

13. Oficial pavimentador.

I. Número de postos: 1.

II. Características.

En réxime laboral, equiparado ó grupo D para os efectos de titulación. Estará dotado coas retribucións básicas correspondentes ó grupo D e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurará incluído no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

Resérvase para promoción interna, entre persoal ó servicio da corporación integrado nos grupos D e E ou laboral equiparado, que cumpran cos requisitos sinalados na base XI das xerais.

IV. Condicións dos/as aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as e os aspirantes deberán estar en posesión do título oficial de graduado escolar ou equivalente.

Os anteriores requisitos acreditaranse mediante certificación do secretario xeral do concello, no que

conste a data de toma de posesión como persoal dos grupos D ou E ou laboral equiparado e que leven polo menos dous anos de servicios como tales no concello.

V. Fase de oposición.

Consistirá en desenvolver practicamente un traballo ou tarefa relacionada co posto de oficial pavimentador, que proporá o tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio, ou de conformidade co previsto na base XI.f), en relación coa IX.2 das xerais.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos e quedará eliminado/a o/a aspirante que non obteña, cando menos, 5 puntos.

A suma das puntuacións obtidas na concurso e no exercicio de oposición servirá para confecciona-la relación de aprobados/as por orde de puntuación, sen que as do concurso poidan exceder de catro puntos.

14. Axudante.

I. Número de postos: 1.

II. Características.

En réxime laboral, equiparados ó grupo E para os efectos de titulación. Estará dotado coas retribucións básicas correspondentes ó grupo E e as complementarias que figuran na relación de postos de traballo.

Figurará incluído no réxime de dedicación exclusiva.

III. Sistema de selección.

Establécese o de concurso-oposición, co baremo previsto para a fase de concurso nas bases xerais.

Resérvase para promoción interna, entre peóns ó servicio da corporación, que cumpran cos requisitos sinalados na base XI das xerais.

IV. Condicións dos/as aspirantes.

Ademais das que figuran na base IV das xerais, as e os aspirantes deberán estar en posesión do certificado de estudios primarios ou equivalente.

Os anteriores requisitos acreditaranse mediante certificación do secretario xeral do concello, no que conste a data de toma de posesión como peóns e que leven polo menos dous anos de servicios como tales no concello.

V. Fase de oposición.

Consistirá en desenvolver practicamente un traballo ou tarefa relacionada co posto de axudante, que proporá o tribunal inmediatamente antes de iniciarse o exercicio, ou de conformidade co previsto na base XI.f), en relación coa IX.2 das xerais.

O exercicio cualificarase de 0 a 10 puntos quedará eliminado o aspirante que non obteña 5 puntos cando menos.

A suma das puntuacións obtidas no concurso e no exercicio de oposición servirá para confecciona-la relación de aprobados/as por orde de puntuación, sen que as do concurso poidan exceder de catro puntos.

ANEXO

Tema 1. Maquinaria e materiais empregados na construcción.

Tema 2. Tipos de firmes de pavimentos de camiños.

Tema 3. Nocións sobre os servicios de abastecemento de augas, rede de sumidoiros e iluminación pública.

Tema 4. Nocións de xardinería. Plantación e cualidades de árbores e plantas.

Tema 5. Nocións básicas de fontanería.

Tema 6. Nocións básicas de carpintería.

Tema 7. Nocións básicas de pintura.

Vigo, 24 de marzo de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

97-3025