Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.236

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

EXPOSICIÓN pública da modificación puntual número 10 do PXOU de Vigo no ámbito do PERI a Bouza Sur (Expediente 4168/411).

O Pleno do Concello de Vigo, en sesión do día 21 de marzo de 1997, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual nº 10 do PXOU de Vigo no ámbito do PERI a Bouza sur, conforme a documentación elaborada pola oficina técnica de planeamen

to, en novembro de 1996, coa colaboración do arquitecto Francisco Estévez, así como sometelo ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no DOG, BOP, un xornal dos de maior circulación da provincia e taboleiro da Casa do Concello.

Vigo, 10 de abril de 1997.

Manuel Pérez Álvarez

Alcalde

2184