Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.212

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO.

O Pleno do Concello (en sesións do 31 de xaneiro e 28 de febreiro pasados) e a Comisión de Goberno

(en sesións do 3 de febreiro e 3 de marzo), adoptaron os seguintes acordos:

1. Aprobación inicial do Programa de actuación urbanística do solo urbanizable non programado nº 27 (SUNP-27) Piñeiro.

2. Aprobación inicial do Plan parcial do SUNP-27 Piñeiro, promovido por Lorygar, S.L.

Os expedientes expóñense ó público na sección de Planeamento e Xestión, durante o prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e BOP. O cómputo do prazo iniciarase a partir da data da última publicación.

De conformidade co disposto polo artigo 102 do R.D.L. 1/1992, a aprobación inicial do Plan parcial determina a suspensión do outorgamento de licencias para parcelacións, edificacións e derrubas no seu ámbito. O ámbito do Plan parcial é o definido polos seguintes lindes:

Norte: pista M-79, que vai desde o núcleo de Piñeiro á aprte posterior do antigo centro de educación especial da Barcia.

Sur: solo urbano do núcleo de Munín e estrada C-543 Santiago de Compostela-Noia.

Leste: parcela do antigo centro de educacióne special da Barcia.

Oeste: pista M-53, que vai desde a estrada de Santiago de Compostela-Noia ata o núcleo de Piñeiro, deixando fóra do ámbito parte das parcelas nas que se sitúan as edificacións números 12 e 14 de Piñeiro.

Contra a suspensión de licencias pódese interpor recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses desde a publicación deste anuncio.

Este anuncio serviralles como e dicto de notificación, nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou por ignorarse o seu domicilio, non poidan ser citados persoalmente no trámite de información pública dos dous expedientes.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 1997.

O alcalde

Rubricado

97-2711