Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.211

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 1997 pola que se anuncia concurso para a contratación das obras de construcción e explotación dun estacionamento para vehículos no paseo central da alameda do concello.

Aprobado en sesión plenaria do 5 de marzo de 1997 o anteproxecto para a construcción dun estacionamento para vehículos no paseo central da alameda do concello, publícase o anuncio da dita contratación:

1. Entidade adxudicadora.

Organismo: Concello de Ourense.

Dependencia na que se tramita o expediente: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

Número de expediente: Ref. 1042.

2. Obxecto do contrato.

Descrición do obxecto: concurso, mediante procedemento aberto, para o establecemento da concesión administrativa para o uso privativo do subsolo coa construcción dun aparcamento subterráneo e a subseguinte xestión do aparcamento de servicio de estacionamento público para vehículos no paseo central da alameda do concello.

Duración da concesión: o prazo máximo da concesión será de 50 anos, contados a partir da data de recepción das obras.

3. Trámite, procedemento e forma de adxudicación.

Trámite: ordinario.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Canon.

O concursante ofrecerá na súa proposición o canon anual que aboará ó concello.

5. Fianzas.

Provisional: 3.000.000 de pesetas.

Definitiva: correspondente ó 4% do orzamento das obras e por concesión 3.000.000 de pesetas.

6. Obtención da documentación e información.

Entidade: Área de Infraestructuras, Negociado de Vías.

Enderezo: rúa Lamas Carvajal, s/n.

Localidade e código postal: Ourense, 32005.

Teléfono: 38 81 33.

7. Requisitos.

Poderán concorrer a esta licitación as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a súa solvencia económica, financeira e técnica e non estean incursos en causa de prohibición ou incompatibilidade.

Clasificación do contratista: grupo A, subgrupo 1, categoría e; grupo C, subgrupos 2, 6 e 7, categoría e; grupo E, subgrupo 1, categoría e; grupo G, subgrupos 3 e 6, categoría e; grupo I, subgrupos 1 e 9, categoría e; grupo J, subgrupo 2, categoría e; grupo K, subgrupos 6 e 9, categoría e.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

Prazo de presentación de proposicións: 30 días naturais, contados a partir do seguinte a quel no que apareza inserido o derradeiro anuncio no BOE, DOG ou BOP, de 9 a 13 horas.

Documentación que se presentará: a que se sinala no artigo 11 do prego de cláusulas administrativas.

Lugar de presentación: no rexistro xeral do concello, sito na Praza Maior, nº 1.

Localidade: Ourense.

Prazo de vinculación da oferta: tres meses, como máximo, contados desde a apertura de proposicións.

9. Apertura das ofertas.

Entidade: Concello de Ourense, no salón de sesións.

Enderezo: Praza Maior, nº 1.

Localidade: Ourense.

Data: o día hábil seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación das proposicións, ás 12.30 horas.

Ourense, 6 de marzo de 1997.

Manuel J. Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente

3391