Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.161

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 2 de maio de 1997 pola que se clasifica como de interese benéfico social a Fundación Hogar Santa Lucía.

Visto o expediente de clasificación da Fundación Hogar Santa Lucía, con domicilio na Coruña.

Supostos de feito.

1. Carmen Rodríguez-Losada Trulock, na súa calidade de presidenta do padroado da fundación, en escrito de 10 de xuño de 1996, formulou solicitude de clasificación para efectos da súa inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego.

2. A fundación foi constituída en escritura pública outorgada na Coruña, o día 28 de maio de 1996, ante o notario do Ilustre Colexio da Coruña José Miguel Sánchez-Andrade Fernández, co número mil setenta e cinco do seu protocolo, por Amelia Correa Corredoira, María del Pilar Roca Trashorras, María Luisa Méndez Barreiro, Carmen Rodríguez-Losada Trulock, María del Carmen García Miralles, Ana Marqués Velo e María Luisa Marqués Velo, que interveñen no seu propio nome.

3. Segundo consta no artigo 4 dos seus estatutos o obxecto da fundación é a acollida e coidado de mulleres sen teito e sen limitación ningunha de idade, raza ou credo.

4. O padroado da fundación estará constituído por Carmen Rodríguez-Losada Trulock como presidenta, María del Pilar Roca Trashorras como secretaria, María Luisa Marqués Velo como tesoureira e Ana Marqués Velo, Amelia Correa Corredoira, María Luisa Méndez Barreiro e Carmen García Miralles como vocais.

5. A comisión integrada polos secretarios xerais de tódalas consellerías elevoulle ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública proposta de clasificación como de interese benéfico social da Fundación Hogar Santa Lucía, dado o seu obxecto e finalidade, polo que, cumpríndose os requisitos esixidos na Lei 7/1983, do 22 de xuño, e na Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da lei anterior, de réxime das fundacións de interese galego, e segundo establece o artigo 32.1º e 2º do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, procede a súa clasificación como de interese benéfico social e a súa adscrición á Consellería de Familia, Muller e Xuventude.

Vista a Constitución española de 1978, o Estatuto de autonomía de Galicia (Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril); a Lei 7/1983, do 22 de xuño, e a Lei 11/1991, do 8 de novembro, de reforma da anterior, de réxime das fundacións de interese galego, así como as demais normas de desenvolvemento e de xeral aplicación.

Fundamentos de dereito.

1. O artigo 34 da Constitución española recoñece o dereito de fundación para fins de interese xeral de acordo coa lei, e o artigo 27.26º do Estatuto de autonomía para Galicia outórgalle competencia exclusiva sobre o réxime das fundacións de interese galego.

2. De acordo co disposto no artigo 32.2ºc) do Decreto 248/1992, do 18 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do protectorado das fundacións de interese galego, correspóndelle a esta consellería a clasificación da fundación e a adscrición á consellería correspondente, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

3. Á vista do que antecede, pódense considerar cumpridas as finalidades tanto legais como regulamentarias establecidas para o caso, de acordo coa proposta realizada pola Comisión de Secretarios Xerais na súa reunión do día 30 de abril de 1997.

Na súa virtude,

DISPOÑO:

Clasificar como de interese benéfico social a Fundación Hogar Santa Lucía e adscribila á Consellería

de Familia, Muller e Xuventude, que exercerá plenamente o protectorado sobre ela.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 1997.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

3210