Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.161

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

PRESIDENCIA

DECRETO 100/1997, do 2 de maio, polo que se acorda encargar do despacho de asuntos da Presidencia, durante a ausencia do seu titular, ó conselleiro da Presidencia e Administración Pública.

Con motivo da viaxe do presidente da Xunta de Galicia a Bruxelas é necesario prove-la substitución durante o tempo da súa ausencia.

Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente,

DISPOÑO:

Artigo único.-Durante la ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe á Bruxelas, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o 4 de maio ata o seu regreso, ó conselleiro da Presidencia e Administración pública.

Santiago de Compostela, dos de maio de mil novecentos noventa e sete.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

97-3471