Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 05 de maio de 1997 Páx. 4.162

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ORDE do 9 de abril de 1997 pola que se establece o programa de axudas para a mellora da competitividade nas empresas.

DECLARA:

-Que non solicitou ou obtivo, nin ten previsto solicitar algún tipo de axuda de calquera Administración ou ente público ou privado en relación co proxecto obxecto desta solicitude.

-Que obtivo ou solicitou as seguintes axudas de calquera Administración ou ente público ou privado en relación co proxecto obxecto desta solicitude:

Administración ou entidade:

Pública ou privada: ....

Contía obtida ou solicitada: ....

Data de solicitude / resolución: ....

Situación do expediente: ....

E comprométese,

A notificar de maneira que faga fe ó Igape no prazo máximo de 15 días hábiles, a partir da data de recepción de calquera notificación ó respecto, calquera modificación sobre as axudas solicitadas ou obtidas en relación o proxecto obxecto desta solicitude.

(Lugar, data e sinatura solicitante)

ANEXO III

INSTRUCCIÓNS PARA CUBRI-LO CADRO DE RESULTADOS DO PROXECTO

O cadro de resultados do proxecto é o instrumento clave no que se baseará a elaboración do cadro de control do proxecto o que, á súa vez, conterá as obrigas que o solicitante terá que xustificar para que se lle aboe a subvención concedida. Debe, por tanto, prestarse especial atención á súa elaboración.

No cadro de resultados do proxecto debe figura-la descrición dos seguintes elementos:

1. Data de comezo do proxecto. Poderá ser absoluta (1-5-1997) ou relativa á aprobación da subvención (por exemplo, quince días despois da concesión da subvención).

2. Prazo de execución do proxecto. Definido, preferentemente, en meses.

3. Puntos de control propostos. O punto de control é un ito importante no desenvolvemento do proxecto, no que se poden obter resultados parciais. O aboamento das cantidades a conta sobre a subvención concedida realizarase en función dos puntos de control que se establezan para cada proxecto debe identificarse a data dos puntos de control, de forma absoluta ou relativa á data de comezo do proxecto (por exemplo: 2 meses despois do comezo).

4. Resultados do proxecto. Deberán identificarse entre 1 e 5 resultados importantes do proxecto. Deberá definirse a situación inicial da empresa, antes do comezo do proxecto e a evolución previsible destes resultados ó remate do proxecto e en cada un dos puntos de control, utilizando, para iso, os índices de evolución a que se refire o punto 5. A definición dos resultados terá que ser clara e concisa, en non máis dunha liña de texto.

5. Índices de avaliación dos resultados. Para cada un dos resultados do proxecto definiranse entre 1 e 3 índices de avaliación, en valores absolutos e relativos á cifra de negocio ou calquera outro elemento de medición da actividade. O valor destes índices terá que quedar perfectamente establecido antes da realización do proxecto e identificada a súa evolución cuantitativa ó remate do proxecto e en cada un dos puntos de control.

Desta maneira, o cadro de resultados do proxecto configurarase coma unha táboa resumo, na que:

-En abscisas figurarán a situación inicial, a situación final e os puntos de control propostos, todo iso referido ás súas correspondentes data, absolutas e relativas.

-En ordenadas figurarán os resultados do proxecto, cada un cos seus correspondentes índices de avaliación.

-En cada un dos puntos de cruzamento abscisas-ordenadas, figurará o valor do índice correspondente á data, sexa esta situación inicial, situación final ou punto de control, especificada de forma absoluta ou de forma relativa.

O aspecto final dun cadro de resultados do proxecto terá que parecerse, por tanto, á seguinte táboa:

Sit. finalPto. Pto.Sit.final

control 1 control n

(data)(data) ... (data)(data)

Rtdo. 1

Índice 1.1(valor)(valor) ... (valor)(valor)

-

-

-

Índice 1.n(valor)(valor) ... (valor)(valor)

-

-

-

Rtdo. N

Índice n.1.(valor)(valor) ... (valor)(valor)

-

-

-

Índice n.n(valor)(valor) ... (valor)(valor)

En folla anexa á táboa, ou dentro da memoria do proxecto, poderán realizarse todo tipo de aclaracións, matizacións, comentarios, explicacións, relativos ós resultados do proxecto, os índices de avaliación dos ditos resultados, as datas dos puntos de control, etc.

3219