Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 81 Martes, 29 de abril de 1997 Páx. 3.943

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

DECRETO 96/1997, do 21 de marzo, polo que se declara a urxente ocupación de bens e dereitos co obxecto de impoñe-la servidume de paso para o establecemento e conservación da liña eléctrica aérea, a 15/20 kV desde Trabe ata Piñeiro, no termo municipal de Cedeira, provincia da Coruña. (Expediente 46/1995).

Unión Eléctrica-Fenosa, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Severo Ochoa, nº 2, da Coruña, solicitou da Consellería de Industria e Comercio a concesión dos beneficios de expropiación

forzosa e a declaración de urxente ocupación dos terreos afectados pola execución do proxecto de construcción da liña eléctrica aérea a 15/20 kV de 1.883 m de lonxitude, con conductor LA-56 sobre apoios de formigón, con orixe na liña que alimenta o centro de transformación de Trabe e remate na liña denominada Ventosa-Landoi, afectando no seu percorrido ó termo municipal de Cedeira (A Coruña) (expediente 46/1995).

A dita instalación autorizouse, declarouse de utilidade pública, e aprobouse o seu proxecto de execución, por resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña do 26-9-1995, a cal foi obxecto de publicación, inseríndose no DOG do 26-10-1995, no BOP da Coruña do 20-10-1995, e no BOE do 24-10-1995.

A solicitude de urxente ocupación fíxose de acordo co disposto no artigo 31 do regulamento que desenvolve a Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aplicable ó presente expediente en virtude do establecido pola disposición transitoria primeira da Lei 40/1994, do 30 de decembro, de ordenación do sistema eléctrico nacional.

Os anuncios de información pública aberta en función desta petición, coa relación de interesados, bens e dereitos afectados, publicáronse no DOG do 6-6-1996, no BOP da Coruña do 19-6-1996, no xornal El Ideal Gallego do 26-6-1996, e no taboleiro de anuncios da casa do Concello de Cedeira e no da delegación provincial, ó mesmo tempo, na forma regulamentaria, notificóuselle individualmente a cada un dos interesados que figuran na dita relación.

A tramitación do expediente fíxose de acordo coa Lei 10/1966, do 18 de marzo, e co seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro; durante o período en que se someteu a trámite de información pública formuláronse as seguintes alegacións, que foron remitidas á empresa beneficiaria:

Dolores Sande Rodríguez, titular do predio nº 35, manifestando que o predio é susceptible de edificar, estando na actualidade dedicado ó cultivo de eucaliptos, que os gastos de conservación e impostos seguirán sendo por conta dos propietarios, que a oferta recibida da entidade beneficiaria é insuficiente, e solicita que se lle valore en xustiza; non se pode estima-la alegación, xa que o predio non cumpre os requisitos esixidos no artigo 336 e demais concordantes de pertinente aplicación do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, ó carecer dos servicios que o mencionado real decreto e a Lei do solo establecen; por outra banda, non se considera a valoración do predio, por non ser materia desta fase do expediente.

Benigna Villar García, propietaria do predio nº 37, solicita que se rectifique a titularidade do predio e que se lle comunique o largo da servidume, e que ó te-la propiedade plantados eucaliptos, que

é o beneficio do solo, sexan corrixidos os datos e que se lle pague o solo de acordo coas valoracións reais dos montes da zona; en razón do cal a empresa beneficiaria seguirá a tramitación do expediente a nome da alegante, á que se lle comunica o largo da servidume, que é de 8 m a cada lado do eixe da liña, polo que ó ter o voo una lonxitude de 16 m lineais fai unha superficie de voo de 256 m, tal e como se indicaba na información pública; respecto á valoración do predio, non se considera por non ser materia desta fase do expediente.

Alfonso Cagiga Hermida, titular do predio nº 43, formula reclamación respecto ós datos da afección, e fai mención de que o predio está repoboado de eucaliptos; Modesto Abeiros Sixto, titular do predio nº 44, manifesta que o predio está dedicado a monte para producción de madeira, ó tempo que indica que o apoio que se coloca no medio do predio impide a súa normal explotación, polo que pide que se valore a afección en xusto prezo; non se poden considerar estas alegacións por non seren materia desta fase do expediente, xa que de producírense erros tanto nas superficies afectadas como no arborado que poidan afectar á valoración, estes corrixiranse, de acordo co artigo 52 da Lei de expropiación forzosa, no momento do levantamento de actas previas á ocupación.

Unha vez practicada, por técnicos da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio da Coruña, a inspección sobre o terreo seguindo o trazado aprobado para a instalación desta liña, púidose comprobar que nos bens afectados, sobre os que se solicitan os beneficios de expropiación, para os efectos da servidume, non se dan os supostos prohibitivos previstos nos artigos 6 da Lei 10/1966, do 18 de marzo, e 25 do Decreto 2619/1966, nin lle son de aplicación as limitacións do artigo 26 do dito decreto.

Estímase xustificada a urxente ocupación solicitada pola compañía Unión Eléctrica-Fenosa, S.A. xa que con esta liña se pretende mellora-las condicións de subministración ó xeito de garanti-las máximas condicións de seguridade, e continuidade de subministración no concello de Cedeira, e debido a que a imposición da servidume de paso, polo procedemento ordinario, faría imposible cumpri-los prazos previstos para a súa execución.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Industria e Comercio e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinteún de marzo de mil novecentos noventa e sete,

DISPOÑO:

Artigo único.-Para os efectos previstos na Lei 10/1966, do 18 de marzo, de expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, declárase urxente a ocupación de terreos e bens gravados coa servidume de paso imposta co alcance previsto no artigo 4 da lei citada, para realiza-la instalación proxectada e proposta por Unión Eléctrica-Fenosa,

S.A., da liña eléctrica aérea que une a liña que alimenta o centro de transformación de Trabe e a liña denominada Ventosa-Landoi.

Os bens e dereitos a que afecta esta disposición sitúanse no termo municipal de Cedeira (A Coruña) e son tódolos que figuran na relación presentada pola empresa solicitante dos beneficios de expropiación, que consta no expediente, o cal se someteu a información pública na forma e datas anteriormente descritas.

Santiago de Compostela, vinteún de marzo de mil novecentos noventa e sete.

Antonio Couceiro Méndez

Conselleiro de Industria e Comercio

3162