Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.915

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector do comercio de alimentación.

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo para o sector de comercio de alimentación (código nº 3200545) de Ourense, con entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 20-3-1997, subscrito en representación da parte económica pola Confederación de Empresarios de Ourense, e, da parte social, polas centrais sindicais: CC.OO. e USO, todas elas con lexitimidade suficiente para asinala, en xuntanza celebrada o día 6-2-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición no Rexistro de Convenios Colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 26 de marzo de 1997.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Acta

Reunida a comisión paritaria do convenio provincial de Ourense do comercio de alimentación, segundo o artigo 21 en concordancia co determinado na disposición transitoria primeira, a cal toma os seguintes acordos:

1. O IPC do ano 1996 foi do 3,2%, polo tanto as táboas salariais, de acordo coa disposición primeira, se incrementará no 3,7% desde o día 1-1-1997 ata o 31-12-1997.

2. A gratificación de actividade e os custos de axuda establecidos nos artigos 12 e 20 do convenio, que configuran a táboa de salarios do convenio, quedarán:

Artigo 20º.-Gratificación de actividade: 5.472 ptas.

Artigo 12º.-Axudas de custo:

-Completa: 4.347 ptas.

-Xantar: 1.630 ptas.

-Cea: 1.087 ptas.

-Almorzo: 326 ptas.

3. Remitirlle á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia en Ourense, para a súa homologación e posterior publicación no DOG e BOP, os acordos asinados.

E ó non tratarse máis asuntos, asínase en proba de conformidade en Ourense o 6 de febreiro de 1997.

Táboa salarial comercio de alimentación 1997

I.A.Director109.407 1.641.105

I.B.Xefe administración

Xefe vendas

Xefe compras102.570 1.538.570

I.C.Supervisor

Coordinador xeral

Xefe de centro95.731 1.435.965

II.A.Xefe de almacén

Xefe supermercado

Xefe sección90.260 1.353.900

II.B.Analista

Responsable expedición

Recepcionista88.996 1.334.940

II.C.Oficial administrativo

Programador86.157 1.292.355

III.A.Mecánico

Electricista

Oficial 1ª chofer

Operador informática

Capataz

Viaxante83.4241.251.360

III.B.Dependente

Oficial 2ª chofer

Auxiliar caixa reponedor

Auxiliar caixa dependente

Auxiliar caixa

Auxiliar de gravación

Auxiliar administrativo

Axudante mecánico

Axudante electricista

Peón mantemento

Mozo especializado79.320 1.189.800

III.C.Telefonista

Mozo de reparto

Mozo repoñedor

Oficial 3ª

Axudante

Persoal limpeza76.586 1.148.790

Artigo 20º.-Gratificación de actividade: 5.472 ptas.

Artículo 12º.-Axudas de custo:

-Completa: 4.347 ptas.

-Xantar: 1.630 ptas.

-Cea: 1.087 ptas.

-Almorzo: 326 ptas.

2899