Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.916

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1997 pola que se convocan unhas xornadas sobre victimoloxía e victimodogmática.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1997, conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dunhas xornadas sobre victimoloxía e victimodogmática, que deberán desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

As xornadas teñen por obxectivo o coñecemento do tema da victimoloxía e o seu tratamento desde diversos puntos de vista: sociolóxico, policial, penal e xurídico.

Destinatarios.

As xornadas van dirixidas ós membros dos corpos e forzas de seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertan é de 250.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar nestas xornadas deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 29 de maio de 1997, ás 14 horas.

3. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4, polígono das Fontiñas, 15703 Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

As xornadas celebraranse en sesións de mañá e tarde, e nelas abordarase, entre outros, os seguintes temas:

-A presencia da víctima no proceso penal.

-Victimización secundaria.

-Actuación fiscal coa víctima.

-Casuística policial.

Datas.

As xornadas celebraranse durante os días 5 e 6 de xuño de 1997.

O horario será en xornada de mañá (9.30 h-14 h) e tarde (16 h-20 h).

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 2 de xuño de 1997 no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

Salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid, 2-4, no polígono das Fontiñas, en Santiago de Compostela.

Certificado de participación.

Ó remate das xornadas entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nelas.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento das xornadas para adaptalas ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1997.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

3183