Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.917

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 11 de abril de 1997, dos tribunais designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública, do 26 de decembro de 1995, pola que se procede ó sinalamento da data, a hora e o lugar de celebración do terceiro exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión conxunta celebrada o día de hoxe polos cinco tribunais designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C) convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de decembro de 1995 (DOG do 11 de xaneiro de 1996), acordouse, de conformidade co disposto na base II.2.1.c) da convocatoria:

1. Que o terceiro exercicio, consistente na proba eliminatoria de galego, que terá por obxecto a traducción de dous textos, un do castelán para o galego e outro do galego para o castelán, elixidos, nos dous casos, de entre tres textos propostos polos tribunais,

terá lugar o día 6 de maio de 1997 ás 17.30 horas no Coliseo sito na Avda. Alfonso Molina s/n da Coruña. A entrada dos opositores no lugar de celebración do exercicio comezará ás 17 horas.

Só poderán comparecer á súa realización os aspirantes que superasen o segundo exercicio.

O tempo máximo para a realización do exercicio será dunha hora.

2. De acordo coa base II.3.3., os aspirantes serán convocados en único chamamento.

3. Así mesmo, deberán presentarse provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade (base II.2.3) e, en calquera momento, poderán ser requiridos polos tribunais coa finalidade de acredita-la súa personalidade (base II.3.2).

4. Finalmente, os opositores tamén deberán comparecer provistos de bolígrafo ou pluma estilográfica.

Santiago de Compostela, 11 de abril de 1997.

Jaime Bouzada RomeroManuel Antonio Silva Romero

Presidente do tribunal nº 1Presidente do tribunal nº 2

José Antonio Fernández VázquezMª Teresa Rey Barreiro-Meiro

Presidente do tribunal nº 3Presidenta do tribunal nº 4

Emilio Álvarez Rey

Presidente do tribunal nº 5

3182