Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.918

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 1997, dos tribunais números, 1, 2, 3 e 4 designados para xulga-las probas selectivas para o acceso ó corpo auxiliar da Administración da Xunta de Galicia (grupo D), convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de decembro de 1995 (DOG do 12 de xaneiro de 1996) pola que se fixa a data, a hora e o lugar de celebración do segundo exercicio das devanditas probas selectivas.

Na sesión conxunta celebrada o día 22 do mes actual polos tribunais números 1, 2, 3 e 4, designados para xulga-las probas selectivas para o acceso o corpo auxiliar da Administración da Xunta de Galicia (grupo D), convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 26 de decembro de 1995 (DOG do 12 de xaneiro de 1996), acordouse, de conformidade co disposto na base II.2.1.a) da convocatoria:

1. Celebra-lo segundo exercicio da fase de oposición, de carácter eliminatorio, consistente na traducción dun texto castelán para o galego e doutro do galego para o castelán, elixidos, nos dous casos, de entre tres textos propostos polos tribunais, o día 6 de maio de 1997, ás 11 horas no Coliseo da Coruña, sito na avenida Alcalde Alfonso Molina s/n. A entrada de opositores comezará as 10 horas.

2. Convocar ó citado segundo exercicio a tódolos opositores que superasen o primeiro da fase de oposición.

Segundo a base II.3.3, os aspirantes serán convocados en chamamento único.

Os opositores deberán ir provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade e bolígrafo ou pluma estilográfica.

3. Publica-lo presente acordo no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 1997.

Rubén Víctor Lois CalviñoManuel Barreiro Barbeito

Presidente do tribunal nº 1Presidente do tribunal nº 2

José Antonio Álvarez VidalJavier Batán Rodríguez

Presidente do tribunal nº 3Presidente do tribunal nº 4

3166