Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.914

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 20 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, Diario Oficial de Galicia, da acta de emenda levantada co fin de corrixir un erro mecanográfico do convenio colectivo para o ano 1997, sector de fabricantes de ataúdes de Ourense.

Recibida a acta con data 12-3-1997, da comisión paritaria do convenio colectivo de fabricantes de ataúdes (código nº 3200045) de Ourense, presentada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 12-3-1997, subscrita na xuntanza celebrada o día 11-3-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 20 de marzo de 1997.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Acta

En Ourense, sendo as 19.30 horas do día 11 de marzo de 1997, reúnense na primeira planta do edificio AISS a comisión paritaria do convenio de fabricantes de ataúdes de Ourense, co fin de analiza-lo artigo 14 do convenio colectivo asinado para 1997 en canto ó valor do quinquenio consolidado de conformidade coa redacción dada polo acordo xeral da madeira, asinado o 21 de marzo de 1996.

Antecedentes.

O acordo xeral da madeira, no seu artigo 52, establece que a partir do 30 de setembro de 1996 non se devengarán polo concepto de antigüidade novos dereitos quedando, polo tanto, suprimido; non obstante, os traballadores que xerasen antes do 30 de setembro de 1996 novos dereitos e contías en concepto de antigüidade, manterán a cantidade consolidada na dita data.

Que o artigo 14 do convenio colectivo provincial, ó establece-lo quinquenio consolidado, sinala por

erro unhas cantidades cando as que corresponden son outras e que se reflicten a continuación.

Acordo.

Único: a comisión paritaria do convenio manifesta que, unha vez analizado o artigo 14 do convenio, comproba que existe un erro mecanográfico nas cantidades sinaladas como quinquenio consolidado debendo, en consecuencia, corrixirse e sinalar que as cantidades correctas son as seguintes:

Encargado xeral5.209 ptas./mes cada quinquenio.

Encargado de producción5.209 ptas./mes cada quinquenio.

Oficial trazador5.209 ptas./mes cada quinquenio.

Oficial de primeira5.121 ptas./mes cada quinquenio.

Oficial de segunda5.062 ptas./mes cada quinquenio.

Axudante4.891 ptas./mes cada quinquenio.

Peón especialista4.853 ptas./mes cada quinquenio.

Peón4.841 ptas./mes cada quinquenio.

Pulimentador5.121 ptas./mes cada quinquenio.

Terminador5.121 ptas./mes cada quinquenio.

Menores de 18 anos3.247 ptas./mes cada quinquenio.

Conductor de primeira5.121 ptas./mes cada quinquenio.

Conductor de segunda5.062 ptas./mes cada quinquenio.

Garda ou vixilante4.841 ptas./mes cada quinquenio.

A comisión paritaria acorda igualmente que a presente acta se lle remita á Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para a súa publicación no BOP, procedendo igualmente ó seu arquivo.

E non tendo máis que tratar, levántase a sesión sendo as 20.30 horas do día anteriormente sinalado e levántase para o efecto a correspondente acta que é asinada polos asistentes.

97-2612