Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 28 de abril de 1997 Páx. 3.913

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 1997, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición e a publicación, Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de fabricantes de mobles.

Visto o texto da revisión salarial do convenio colectivo para o sector de fabricantes de mobles (código nº 3200185) de Ourense, con entrada nesta Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 12-3-1997, subscrito, en representación da parte económica, pola Asociación Provincial de Fabricantes de Mobles e, da parte social, polas centrais sindicais FEMCA-UXT, CC.OO e CIG, todas elas con lexitimidade suficiente para asinalo, en xuntanza celebrada o día 11-3-1997, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo R.D. 1/1995, do 24 de marzo, R.D. 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e R.D. 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no rexistro de convenios colectivos desta delegación provincial, con notificación ás presentacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación desta delegación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 18 de marzo de 1997.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense

Acta

En Ourense, sendo as 19.30 horas do día 11 de marzo de 1997, reúnense na primeira planta do edificio AISS os membros da comisión paritaria do convenio colectivo provincial de fabricantes de mobles da provincia de Ourense (FEMCA-UXT, FECOMA-CCO, FCM-CIG e asociación de empresarios), co obxecto de darlle cumprimento ó acordado no convenio de 1996, na súa disposición transitoria primeira, e consecuentemente proceder ó incremento das táboas salariais no 3,2 %, que foi o IPC resultante no dito ano e á súa cantidade inclúeselle o complemento pola supresión da antigüidade, quedando as seguintes cantidades en concepto de salario base.

Táboas salariais 1997

Categoría Salario base

Peón88.514 ptas.

Axudante96.319 ptas.

Oficial 2ª98.729 ptas.

Oficial 1ª99.079 ptas.

Encargado101.450 ptas.

Aux. administrativo96.319 ptas.

Administrativo de 2ª98.729 ptas.

Administrativo de 1ª99.079 ptas.

Xornada laboral anual para 1997 será de 1.792 horas (sobran cinco días).

Fíxanse como días festivos, por axuste do calendario laboral á xornada máxima anual, os seguintes días: 2 de maio, 28 de xullo, 10 de novembro, 26 e 31 de decembro (agás acordo entre a empresa e o traballador para a fixación doutros días distintos).

Os representantes de FCM-CIG manifestan que o que procede é constituí-la comisión negociadora do convenio por ter este unha duración dun ano (coa excepción do tema salarial) e estar denunciado en tempo e forma. Propoñen polo tanto a constitución da mesa, ó que as outras partes non se opoñen, e marcan a data da reunión para o vindeiro día 24 de marzo, á mesma hora e no mesmo lugar.

O resto dos membros da comisión paritaria manifestan que o convenio estatal marca unha vixencia nos seus aspectos normativos de cinco anos e nos seus aspectos económicos de tres anos, e que o convenio provincial asinado o pasado ano se adhire totalmente ó convenio estatal da madeira.

Acórdase remitirlle á Delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia en Ourense, a presente acta para o seu rexistro e posterior publicación no BOP tralos trámites legais que correspondan.

E, en proba de conformidade, asínase a presente acta no lugar e data arriba indicados.

2454