Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 1997 Páx. 3.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 10 de marzo de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 344 de clasificación do monte Recebés ou Costa do Sal, pertencente á parroquia de Sta. María de Ois, concello de Coirós.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 344 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: Recebés ou Costa do Sal.

Comunidade: Pª Sta. María de Ois.

Parroquia: Ois.

Concello: Coirós.

Superficie: 125,35 ha.

Lindeiros:

Coincide co monte Recebés ou Costa do Sal, nº 29 do C.U.P.

Norte: do piquete nº 1 ó 58 seguindo a orde de piquetes, coa estrada N-VI Madrid-A Coruña e predios particulares de veciños de Ois.

Leste: do piquete nº 58 ó 61 seguindo a orde de piquetes, co termo do concello de Aranga e monte Marina, Calzada e Agre. Do piquete nº 61 ó 66 co monte Marina, Calzada e Agre.

Sur: do piquete 66 ó 67 co monte Marina, Calzada e Agre, e propiedades particulares de veciños de Ois. Do piquete nº 67 ó 72 seguindo a orde de piquetes, con predios particulares de veciños de Ois. Do piquete nº 72 ó 76 seguindo a orde de piquetes, coa estrada N-VI. Do nº 76 ó 91 seguindo a orde de piquetes, con propiedades particulares de veciños de Ois.

Oeste: do piquete nº 91 ó 104 seguindo a orde de piquetes, e deste ó 1, con propiedades particulares de veciños de Ois.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 10 de marzo de 1997, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 10 de marzo de 1997.

Visto e prace

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común da Coruña

3144