Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 1997 Páx. 3.899

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 10 de marzo de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 343 de clasificación do monte de Vilar de Reconco, pertencente ó lugar de Vilar de Reconco, parroquia de Vilacova, concello de Lousame.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 343 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: de Vilar de Reconco.

Comunidade: Vilar de Reconco.

Parroquia: Vilacova.

Concello: Lousame.

Superficie: 195 ha.

Lindeiros:

Parcela I: incluída en parte dentro do monte Pedrouzos, nº 394 do C.U.P.

Norte: monte dos veciños de Vilacova, desde o Couto Ardadas.

Leste: propiedades particulares de veciños de Vilar de Reconco.

Sur: monte dos veciños de Vilar de Reconco.

Oeste: monte dos veciños de Afeosa, Marselle e Lousame, pasando por Fonte Barrosa, Coto Pedroso e Pedra Formigueira, ata chegar ó Coto Ardadas.

Parcela II: incluída en parte dentro do monte Agudo, nº 171 do C.U.P.

Norte: monte dos veciños de Vilacova, desde o lugar denominado Bouzas pasando por Sofeal, Porto Vilariño, Coto Grande Penudo, ata o Monte Agudo.

Leste: monte dos veciños de Xestoso, desde o Monte Agudo, pasando polo Coto Xestoso ata Coto Xiroña.

Sur: monte dos veciños de Froxán, desde o Coto Xiroña pasando pola Pedra Armada, ata a parcela I do monte dos veciños de Vilar de Reconco.

Oeste: coa parcela I do monte dos veciños de Vilar de Reconco, e propiedades particulares de veciños de Vilar de Reconco.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 10 de marzo de 1997, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 10 de marzo de 1997.

Visto e prace

Federico Sánchez Rodríguez

Instructor

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común da Coruña

2737