Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 1997 Páx. 3.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 10 de marzo de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 342 de clasificación do monte de Torea, pertencente ó lugar de Torea, parroquia de Torea, concello de Muros.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 342 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: de Torea.

Comunidade: Torea.

Parroquia: Torea.

Concello: Muros.

Superficie: 78 ha.

Lindeiros:

Procede do monte Calvo e outros, nº 110 do C.U.P.

Norte: monte de Cornes, subindo polo rego dos Outeiriños Negros, seguindo por Campiños Longos e Campo de Pao.

Leste: propiedades particulares dos veciños de Torea.

Sur: monte do lugar de Figueiroa.

Oeste: monte San Mamede, do concello de Carnota, pola estrada de Ponte do Porco a Muros.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 10 de marzo de 1997, conforme o disposto na Lei de montes veciñais

en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 10 de marzo de 1997.

Visto e prace

Alfonso Vázquez-Castro Garma

Instructor

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común da Coruña

2736