Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 1997 Páx. 3.898

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 10 de marzo de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 341 de clasificación de parte do monte Sieiras, pertencente ó lugar de Lestón de Baixo, parroquia de Abelleira, concello de Muros.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 341 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: parte do monte Sieiras.

Comunidade: Lestón de Baixo.

Parroquia: Abelleira.

Concello: Muros.

Superficie: 13,5 ha.

Lindeiros:

Procede do monte Sieiras, nº 136 do C.U.P.

Norte: desde o piquete nº 3 do deslindamento, no denominado Outeiro da Fisga, seguindo devasa ata o piquete nº 4, co monte Calvos e outros.

Leste: desde o piquete nº 4 ó 32 seguindo a orde de piquetes, con propiedades de veciños de Lestón.

Sur: desde o piquete nº 32 seguindo unha liña recta ata o 1 no denominado Outeiro da Charca, con máis monte Sieiras.

Oeste: desde o piquete nº 1 ata o 3, seguindo a orde de piquetes, co monte Sestaio e outros.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 10 de marzo de 1997, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 10 de marzo de 1997.

Visto e prace

Juan Ramón Beneyto Bellas

Instructor

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común da Coruña

2735