Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 1997 Páx. 3.897

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE AGRICULTURA, GANDERÍA E MONTES

EDICTO do 10 de marzo de 1997, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común da Coruña, polo que se inicia a tramitación do expediente 340 de clasificación do monte Braña de Arriba, pertencente ó lugar de Vilamarta de Riba, parroquia de Rodís, concello de Cerceda.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común, tramítase o expediente nº 340 de clasificación do monte que ten as características que se indican a continuación:

Denominación: Braña de Arriba.

Comunidade: Vilamarta de Riba.

Parroquia: Rodís.

Concello: Cerceda.

Superficie: 27,82 a.

Lindeiros:

Situada no predio nº 469, do polígono 41, do catastro do concello de Cerceda.

Norte: predio de María Golán Lamas.

Leste: regato que o separa dos predios de Dolores Villasenín Pérez e Jesús Pombo Golán.

Sur: predios de Hrdos. de José Golán Castro, de Rosa Golán Golán e de Hrdos. de Rafael Pallas Pena.

Oeste: predios de Hrdos. de Rafael Pallas Pena, Mª Carmen Santos Dubra, Hrdos. de Estrella Dubra Pena, Estrella Pallas Dubra e Felisa Pallas Pena.

En virtude do acordado polo xurado, e en cumprimento da orde do instructor, do 10 de marzo de 1997, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común, do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, por medio do presente edicto faise pública a iniciación da tramitación do expediente indicado, co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do Regulamento do 23 de setembro de 1992, para a aplicación da citada lei, cantas persoas, organismos ou corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante o xurado, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

A Coruña, 10 de marzo de 1997.

Visto e prace

Federico Sánchez Rodríguez

Instructor

Manuel Puente Araújo

Secretario do Xurado Provincial de Montes Veciñais

en Man Común da Coruña

2734