Obxecto do contrato: xestión do servicio público de explotación do centro socio sanitario residencia
asistida para persoas maiores de Castro de Ribeiras de Lea, en réxime de concesión.
Forma de adxudicación: concurso público aberto.
Orzamento base: prezo praza/día asistida: 6.600 ptas., IVE incluído.
Prezo praza/día válida: 3.600 ptas., IVE incluído.
Duración do contrato: 5 anos.
Fianza provisional: 38.850.000 ptas.
Exposición de pregos: os pregos de cláusulas administrativas e técnicas estarán á disposición dos interesados na Copistería Copinyno (r/ Xeneral Pardiñas, 2, Santiago de Compostela, Tel. 981-58 89 38) durante o prazo de presentación de proposicións.
Presentación de ofertas: o prazo de presentación de ofertas será de corenta días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do presente concurso no Diario Oficial de Galicia, e a presentación destas realizarase no rexistro xeral da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación, antes das 14 horas do último día do prazo sinalado.
Documentación que deberán presenta-los licitadores: a esixida nos pregos de cláusulas administrativas.
Apertura de ofertas: a apertura de proposicións será realizada pola mesa de contratación en acto público na sala de xuntas da Dirección Xeral de Servicios Sociais, a partir das 10 horas do décimo primeiro día natural seguinte ó do peche do prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.
Anuncios: os anuncios do presente concurso público serán por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 22 de abril de 1997.
P.D. (Orde 22-5-1996)
Manuel Aguilar López
Director xeral de Servicios Sociais
2878