Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 1997 Páx. 3.881

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 19 de febreiro de 1997, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión do convenio colectivo de ámbito provincial para o sector de edificación e obras públicas.

Visto o texto do acordo asinado o día 24-1-1997, pola comisión deliberadora do convenio colectivo para o sector de edificación e obras públicas (código 2700255), da provincia de Lugo, integrada pola representación da Asociación de Empresarios de la Construcción e das centrais sindicais UGT, CC.OO., USO e CIG, mediante o que se procede á adaptación do convenio provincial ó acordo sectorial nacional do 6-11-1996 (BOE 281, do 21-11-1996) sobre antigüidade na construcción para o ano 1996, e de conformidade co disposto no artigo 90, apartados 2 e 3 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e no Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo.

Esta delegación provincial,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la inscrición do citado acordo no rexistro de convenios desta delegación así como o seu depósito.

Segundo.-Remitirlle o texto do citado acordo á Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galicia.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 19 de febreiro de 1997.

Manuel Bande Díaz

Delegado provincial de Lugo

Asociación Provincial de Empresarios

de la Construcción

Asistentes e representantes APEC.

-Convenio de edificación e OP.

Hipólito Trinidad Losada.

Ricardo Castro López.

José Antonio Tosar López.

Juan Manuel González-Zaera Glez.

Antonio Rodríguez Suárez.

José Juan Meijide Calvo.

-Por UGT, 37,20% de representación.

Adolfo Mosteirón Turia.

Alfonso García Capón.

-Por CC.OO., 29,7% de representación.

Ángel Barreiro Pérez.

Jesús Varela Lodeiro.

-Por USO, 10,5% de representación.

María del Carmen Arias Río.

-Por CIG, 17,6% de representación.

Iñaki García Gómez.

En Lugo, 24 de xaneiro de 1997, reúnense os integrantes da comisión deliberadora do convenio de edificación e obras públicas, relacionados á marxe, co obxecto de proceder á adaptación do convenio provincial ó acordo sectorial nacional do 6-11-1996 (BOE 281, do 21-11-1996), sobre antigüidade na construcción.

Unha vez aberto o acto e logo de deliberación, adóptanse os seguintes acordos:

Primeiro.-Declarar constituída a comisión deliberadora do convenio de edificación e obras públicas de referencia, conforme a disposición que se detalla á marxe.

Segundo.-Que, en cumprimento do acordo nacional sectorial en materia de antigüidade, se lles aboen ós traballadores as seguintes cantidades como compensación pola conxelación da antigüidade.

1. Unha paga de 10.000 pesetas como compensación polo ano 1996 xa vencido, que se aboará en proporción ó tempo efectivamente traballado e en concepto de adición ó plus de asistencia.

2. Unha paga de 10.000 pesetas correspondente ó ano 1997, que se aboará con efectos do 1-1-1997

en pagamentos mensuais de 909 pesetas, como adición ó plus de asistencia en razón ó tempo de traballo efectivo.

3. Con independencia do exposto, para determina-la cantidade que se debe aboar baixo o concepto de antigüidade consolidada o 21-11-1996, data de publicación do ASN, ós traballadores que xa viñeron percibindo complemento de antigüidade, sumaráselle a parte proporcional que corresponda ó bienio ou quinquenio en curso de xeración, tomándose a fracción do ano, se excede de seis meses, como ano completo e rexeitándose noutro caso.

Terceiro.-A paga correspondente ó ano 1996 xa vencido aboarase no prazo dun mes a partir da publicación no DOG deste acordo.

Cuarto.-Considerar derrogado con efectos da data de publicación do ASN (21-11-1996) o artigo 23 do convenio provincial.

E, en proba de conformidade, asinan as partes a presente acta por sextuplicado exemplar, que se trasladará á Delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais para a súa publicación no DOG.

Táboa de retribucións do convenio de edificación e obras públicas o 31-1-1996

CategoríasNiveisSalario base

mensual

Plus Asist.Prod. e

Punt. mensual

Plus extra salarial

mensual

Total

mensual

Vacacións

anuais

GratificaciónsTotal anualAntigüedade mes: de

vencemento durante vixencia

XulloNadalBienioQuinquenio

Titulado superior

e outros

II a VI76.95920.27013.846111.075109.469109.469109.4691.550.2323.0204.191
Capataz e outrosVII76.35519.26113.639109.255108.424108.424108.4241.527.0772.9474.156
Oficial primeira e outrosVIII75.11217.75013.283106.145106.525106.525106.5251.487.1702.9474.084
Oficial segunda e outrosIX74.46916.56413.076104.109105.404105.404105.4041.461.4112.9124.049
Axudante e outrosX73.82914.78512.750101.364104.017104.017104.0171.427.0552.8784.013
Peón especialistaXI73.22413.77712.54399.544102.972102.972102.9721.403.9002.8784.013
Peón ordinarioXII72.44112.78112.33497.556101.764101.764101.7641.378.4082.8843.978

A partir do 1-1-1997 ó plus de asistencia adicionaránselle 909 ptas. mensuais. A cantidade resultante servirá de base para os incrementos que sobre o plus se poidan pactar no vindeiro convenio, e aboaranse con efecto retroactivo en proporción ó tempo traballado.

2900