Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 25 de abril de 1997 Páx. 3.882

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ACADEMIA GALEGA DE SEGURIDADE

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 1997 pola que se convoca un curso sobre dispositivos de seguridade.

Dentro dos programas de actividades que a Academia Galega de Seguridade ten previsto realizar no ano 1997 de forma descentralizada, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1992, do 9 de abril, de creación da Academia Galega de Seguridade, anúnciase a celebración dun curso sobre dispositivos de seguridade, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

O curso ten por obxectivo dota-los mandos duns coñecementos na planificación dos dispositivos de seguridade en acontecementos públicos e concentracións humanas.

Destinatarios.

O curso vai dirixido ós mandos dos corpos das policías locais de Galicia, e da Unidade do C.N.P. adscrita á Comunidade Autónoma de Galicia, e no caso de quedaren prazas vacantes, ós mandos do Corpo Nacional de Policía e Garda Civil.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

O número de prazas que se ofertarán será de 40.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 20 de maio, ás 14 horas.

3. As instancias deberán vir asinadas polo xefe do cadro de persoal, ou polo concelleiro de tráfico e seladas; será isto requisito indispensable para ser admitido nos cursos; o incumprimento deste requisito levará consigo a non admisión ó devandito curso.

4. As instancias deberán enviarse á sede da Academia Galega de Seguridade: rúa de Madrid, 2-4 Polígono das Fontiñas, 15703, Santiago de Compostela, ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contido e duración.

O curso celebrarase en sesións de tarde, de luns a venres, e nel trataranse, entre outros, os seguintes temas:

-Dispositivos: concepto, xeneralidades, avaliación de riscos.

-Dispositivos de espectáculos en recintos pechados.

-Dispositivos de grandes concentracións en espacios abertos.

-Dispositivos de visitas de personalidades.

-Elaboración dun dispositivo (I).

* Análise da zona: identificación, ambientación, instalacións, informe policial, comunicacións.

-Elaboración dun dispositivo (II).

* Misión: obxectivos, fases, análise de riscos.

-Elaboración dun dispositivo (III).

* Medios: humanos, materiais, misións.

-Transmisións: concepto, importancia, claves, disciplina nas comunicacións.

-Planimetría: importancia.

-Centro de mando: órganos conxuntos, centros de coordinación, concepto, importancia.

-Análise de dispositivos relevantes.

-Prácticas: elaboración dun dispositivo por grupos de traballo.

Datas.

O curso celebrarase do 2 ó 6 de xuño de 1997.

O horario será de 16 a 20 horas da tarde.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos publicarase o día 22 de maio no taboleiro de anuncios da Academia Galega de Seguridade, ou ben poden confirma-la súa asistencia chamando ó teléfono (981) 56 34 00.

Lugar.

O curso desenvolverase no concello da Estrada, na Casa da Cultura, sita na Avda. Benito Vigo, 92.

Certificado de asistencia.

Ó remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a este, non podendo supera-las faltas de asistencia un 15% do total da duración de horas lectivas do curso; unha inasistencia superior ó 15%, aínda que sexa xustificada, levará consigo a non expedición do certificado.

Modificacións.

A Academia Galega de Seguridade poderá modifica-lo desenvolvemento do curso para adapta-lo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

Santiago de Compostela, 3 de abril de 1997.

Juan José Fariñas-Ferro Rodríguez

Director xeral da Academia Galega de Seguridade

2956